Co labor de Xaquín de Acosta incrementáronse os medios da Policía, Bombeiros e Protección civil
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte fixo balance dos catro anos de xestión nos que sinalou o incremento do cadro de persoal da Policía, a modernización dos sistemas de comunicacións, a dotación de medios aos Bombeiros e Protección civil, a creación de zonas peonais e as melloras introducidas no transporte público.
Cando De Acosta tomou posesión do cargo procedeu a mellorar as dependencias da Policía local que tiñan instalacións insuficientes e rematou as obras do ximnasio e vestiarios. Recuperáronse e modernizáronse as emisoras, que debido ao seu abandono levaban dous anos coas licencias caducadas, e instalouse unha rede de comunicacións modernas necesarias para ofrecer a seguridade e a coodinación que os servicios precisaban. Ademais dotouse o corpo de bombeiros deste mesmo sistema para favorecer a súa operatividade.
Incrementouse nun 50% o espacio destinado á Policía coa remodelación do primeiro soto, renovouse a flota de vehículos e motocicletas para poñela en bo estado e implantouse un novo sistema que permite visualizar desde a Policía as pantallas da sala de tráfico para facilitar a coodinación (hai catro anos só tiñan pantallas do túnel de Beiramar).
Pretendeuse mellorar a imaxe corporativa mediante a retirada da boina de medio lado para ofrecer unha uniformidade máis amable dos policías e creouse unha Unidade de educación viaria destinada á formación de rapaces, pola que pasaron 8.000 alumnos de 65 centros escolares o pasado ano e 9.000 de 72 centros este ano. Publicáronse libros e guías didácticas para introducirse nas boas conductas de circulación viaria.
En canto ás inspeccións de transporte escolar detectouse que en 1999 había autobuses que circulaban sen seguro, algúns estaban dados de baixa e outros non pasaran a ITV. Para mellorar a situación, dáse conta dos resultados destas inspeccións ás asociacións de pais e nais para que as institucións competentes tomen as medidas necesarias.
Na Academia de formación permanente de Policía local quérense homoxeneizar as políticas e obxectivos que se perseguen.
O aumento progresivo do cadro de persoal con 30 axentes por ano foi outra das prioridades deste mandato, co que se conseguirá ter máis de 400 policías en plantilla cando se cubran as prazas. Na anterior lexislatura só se incrementaron 18 axentes.
Bombeiros
Ademais de mellorar as instalacións, dotouse de medios materiais necesarios para desenvolver o labor do corpo de bombeiros como unha escaleira valorada en 600.000 euros ou unha lancha neumática para o equipo de mergulladores, entre outros. Aumentouse o cadro de persoal de 116 profesionais con oito persoas por ano, co que se dotou de 32 bombeiros máis, o que supón un incremento do 30%.
Protección civil
Incrementouse nun 75% o orzamento nas partidas destinadas aos voluntarios, elaboráronse novos estatutos cun funcionamento democrático para favorecer un clima de comodidade e permitiuse a sinatura de convenios con outras entidades. Isto foi preciso para a obtención de novos vehículos necesarios para prestar os servicios.
Tráfico
O tráfico é unha das grandes preocupacións da cidadanía porque incide na habitabilidade e na convivencia. Nos últimos catro anos medrou un 17% o parque automobilístico de Vigo, fronte ao 1% que medrou a poboación. A política de peonalizacións, a creación de novos espacios para camiñar e o fomento do uso do transporte público foron algúns dos obxectivos. Nas campañas de Nadal desde o 1999 pecháronse zonas ao tráfico porque se albiscaba a potencialidade de espacios como o Calvario para convertelos en centros comerciais abertos.
Destináronse máis axentes para controlar o tráfico, mercáronse guindastres e tendeuse á eliminación de vehículos do depósito (había 1.767 en 1998 e 1.058 en 2002). Unha nova empresa concesionaria renovará a rede semafórica da cidade.
Obras
De Acosta sinalou a elaboración de planos de tráfico exitosos como o realizado nas obras do túnel de Beiramar, que provocou o seu peche, e na segunda fase das obras do parking de Urzáiz, froito dun estudio exhaustivo e da resposta óptima da cidadanía cando se fai unha chamada para evitar circular por determinadas zonas da cidade.
Transporte público
Entre as medidas adoptadas para mellorar o transporte público nestes catro anos está a creación da tarxeta verde e a universalización do bonobús, o servicio de lanzadeiras á Cidade Universitaria, a implantación do sistema SAE con información dixital nas paradas máis concorridas, a instalación de marquesiñas, a renovación da flota para a comodidade dos viaxeiros e a remodelación de liñas con aumento de frecuencias no rural. Estas medidas serviron para frear a caída de viaxeiros que experimentada de 1997 a 1999 coa perda de millón e medio de usuarios. No 2003 a cifra de usuarios é de 19.500.000.
Incrementouse un 62% o número de viaxeiros en Cabral, un 82% en Bembrive e un 29% noutras zonas.
Creáronse tamén carrís bus para gañar rapidez nos traslados e implantouse un sistema de billete de transferencia gratuíto, ademais de que xa non seu restrinxe o uso do bonobús a determinados colectivos. Mentres o prezo medio do billete en 1999 era de 99,9 pesetas agora sitúase en 109,79 pesetas, o que supón unha suba dun 9% en catro anos fronte o 14,3% do IPC. Os usuarios do bonobús en 1999 eran o 30% dos usuarios e agora son o 70%. Hai 118.000 tarxetas verdes distribuídas e a rede de transporte abrangue máis quilómetros na actualidade para prestar un mellor servicio.
Para o futuro queda implicar á Xunta de Galicia na necesidade de crear unha rede de transporte público metropolitano co investimento orzamentario preciso, tal e como fan o Goberno vasco, a Generalitat de Catalunya ou o Goberno de Madrid, entre outros. Noutras comunidades o transporte público tamén é subvencionado polas deputacións.