O Concello de Vigo é promotor da Fundación da Axencia intermunicipal da enerxía
O alcalde, Lois Castrillo, asinou a acta de constitución da Axencia local da enerxía, promovida polo Concello e conformada por entidades públicas e privadas, co fin de potenciar a eficiencia enerxética e a promoción das enerxías alternativas que favorecerán o desenvolvemento sostible da cidade.
Coa inclusión da cidade na Fundación da Axencia intermunicipal da enerxía, "Vigo colócase ao nivel doutras cidades europeas que conservan os seus recursos e promoven o uso de enerxías alternativas", afirmou o alcalde.
Entre as funcións da Axencia da enerxía está ofrecer información, asesoramento e formación sobre xestión enerxética e técnicas; ofrecer asesoramento técnico sobre o deseño de proxectos de xestión enerxética e unir a cidadáns e organizacións son semellantes problemas. Contribuír á posta en marcha de proxectos enerxéticos, estimular a actividade económica e desenvolver contactos europeos tendentes a estimular o intercambio de información e transferencia de tecnoloxía son outros dos obxectivos.
Fomentarase a actuación en vivendas, servicios dos sector público e privado, pequenos e medianos negocios, no transporte e no aprovisionamento de sistemas de enerxía que utilicen recursos renovables e locais.
Os socios que forman parte da fundación son a Autoridade portuaria, Caixanova, Citröen, Inega, Deputación, Gas Galicia, Mancomunidade, Unión Fenosa, Universidade e Zona Franca, ademais do Concello de Vigo.