Turismo pon en marcha un novo plan de calidade
O Plan de calidade turística 2003 subvencionará programas de dinamización nas rúas, material publicitario, mobiliario urbano, obras de rehabilitación de fachadas e de supresión de barreiras arquitectónicas cun orzamento total de 90.000 euros.
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, anunciou a posta en marcha dun plan de calidade que pretende profundizar na mellora dos servicios que se ofrecen na cidade destinados aos visitantes. Nesta edición, quérese centrar no fomento do turismo accesible, atendendo á transversalidade da conmemoración do "Ano europeo das persoas con discapacidade" desde os distintos departamentos municipais.
Entre os obxectivos básicos deste plan está o aumento da cota de mercado, a mellora da imaxe da cidade, o fomento do multicliente e a desestacionalidade da oferta turística.
Serán beneficiarios das subvencións as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de establecementos turísticos como hoteis, hostais, cafeterías, bares e restaurantes en posesión da correspondente licencia municipal para o exercicio da actividade e as asociacións sen ánimo de lucro, que desenvolvan actividades para a promoción da cidade e para a atracción de turistas.
Con cargo ás subvencións correntes a entes privados e por unha contía máxima de 30.050,61 euros poderán presentarse á presente convocatoria os proxectos de actividades de dinamización nas rúas como cine, actividades infantís, actuacións en directo, exposicións e artesanía nas rúas; edición de material publicitario co gallo de promocionar as actividades de dinamización nas rúas e edición de guías de accesibilidade turística sectoriais; subvencións á organización de xornadas, conferencias e charlas-coloquio que incidan directamente na formación do sector turístico e a organización de xornadas sobre turismo accesible.
Ademais subvencionaranse actividades para o programa "Vigo en Nadal", para as iniciativas que fagan Vigo máis atractivo turisticamente como decoración de fachadas, decoración de rúas con motivos especialmente orixinais ou novidosos, programas de actividades nas rúas ou decoración de balconadas.
O deseño e implantación de rutas turísticas accesibles a persoas con discapacidade, a sinalización de sendeiros e rutas de interese turístico (rutas monumentais, comerciais), por parte de asociacións ou colectivos e a dotación de servicios para este tipo de atractivos turísticos naturais son tamén obxecto desta subvención.
A promoción da nosa gastronomía a través de degustacións, promoción a prezos especiais de productos típicos en determinadas zonas co culto ás tradicións na súa forma de preparación, creación de circuitos turísticos vencellados á gastronomía, rutas de tapeo e recuperación de recetas tradicionais son outros aspectos contemplados nas bases do plan de promoción turística. Tamén se poderá presentar un único proxecto consensuado entre un grupo de empresarios da mesma zona.
En canto á supresión de barreiras idiomáticas para o turista establécese a traducción das cartas a distintos idiomas, traducción dos avisos e carteis informativos, explicación en diversos idiomas do contido das cartas–coa conseguinte descrición dos pratos típicos e datos de conversión das principais moedas estranxeiras da lista de prezos. Potenciarase tamén a asistencia a cursos de formación para o persoal do establecemento que facilite o trato co turista mediante cursos de idiomas, cursos de atención ao público e cursos de formación de accesibilidade turística en establecementos turísticos.
Para a rehabilitación de fachadas dos establecementos turísticos, adquisición de mobiliario de terrazas, supresión de barreiras arquitectónicas en establecementos turísticos e outras facilidades para as persoas con discapacidades, reformas ou locais de nova creación que supoñan pola súa singularidade arquitectónica ou pola innovación do producto que se comercializará un atractivo e un reclamo para o turista son tamén obxecto desta convocatoria. Valorarase nestes proxectos a súa especial incidencia na imaxe que o turista percibe da cidade.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de setembro de 2003.