Escoitar

Inauguración do auditorio do Centro Cívico de Teis

O alcalde Lois Castrillo e a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, inauguran o sábado o auditorio do Centro cívico de Teis despois de que se rematase a segunda fase do proxecto da construcción do centro, sito na prolongación da rúa Pedro Alvarado no barrio de Teis.

venres, 16 mai 2003
O auditorio-teatro, cunha superficie útil de 754,05 m2, ten un aforo para 300 persoas, espacio versátil para distintos usos. Ademais dos vestiarios e zonas de almacenaxe, o auditorio conta cunha sala de conferencias e reunións compatible como sala de exposicións.

O proxecto do auditorio levouse a cabo pola constructora T.A.P. S.L. (Trabajos Auxiliares de Puentes. S.L.) e redactado polo arquitecto Daniel Beiras García-Sabell, da Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos S.L., cun orzamento total de 645.876,31 euros, incluíndo o peche parcial do recinto. A dito orzamento hai que engadirlle o equipamento interior (butacas, cadeiras, téxtiles para a configuración da cámara negra, telón principal, material audiovisual, etc) que ascendeu a un importe de 110.000 euros. Na actualidade atópase en fase de contratación o suministro dos equipos de luz, son e maquinaria escénica para a cámara negra por importe de 112.000 euros.

Coa inauguración o pasado ano do edificio de servicios do Centro Cívico e inauguración deste auditorio, a dotación complétase este ano coa construcción dunha pista polideportiva exterior cuberta regulamentaria por importe de 349.242 euros e que nestes intres atópase en fase de redacción do proxecto, ademais da urbanización e axardinamento da parcela. O que se pretende deste xeito é a posta á disposición dos usuarios dunha pista polideportiva ó aire libre para a práctica de deporte en pista (balonmán, baloncesto, tenis, fútbol sala...), e en previsión dun uso máis intensivo, prevese a cuberta da pista.