O Marco organiza actividades lúdicas no Día Internacional dos Museos
O vindeiro domingo 18 de maio, con motivo da celebración mundial do Día Internacional dos Museos 2003, todas as actividades dese día no Marco serán gratuítas.
Este mes de maio cúmprense seis meses de funcionamento do Marco desde a súa apertura de portas ao público a mediados de novembro de 2002. Cunha cifra total de 42.100 visitantes recibidos, o museo ten superado ampliamente as previsións, estimadas inicialmente nun total de 50.000 persoas para o seu primeiro ano de funcionamento.
En 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) creou o Día Internacional dos Museos co obxectivo de promover, tanto entre os profesionais deste ámbito como entre o público e a sociedade, o interese pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.
Cada ano o ICOM elixe un lema específico para esta celebración. Neste ano 2003, o eslogan elixido é "museos e amigos". Con isto quérese salientar a importancia que o ICOM lle concede á participación da sociedade civil no eido dos museos, e á importante colaboración que se recibe por parte de asociacións e persoas voluntarias. Baixo este lema, todos os museos do mundo queren fomentar a participación da cidadanía como protagonistas das súas actividades.
Tendo en conta todo isto, ademais das exposicións "Melodrama" e "Vigovisións", e o Festival de Cine Dixital RESFEST, o MARCO programou dúas actividades específicas para ese día, que se desenvolverán en paralelo.
Un espacio de convivencia creativa. "O cadáver exquisito do Marco"
Horario: de 11:30 a 14:30
Lugar: rúa Príncipe e contorno peonal do Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Participantes:todas as persoas que o desexen: nenos, adultos, xente nova e maiores.
O "Cadáver exquisito" é un xogo de creación colectiva (escrita ou gráfica) inventado por André Breton e os seus amigos poetas e pintores do movemento surrealista, no París dos anos vinte, e baseado nun antigo xogo de salón.
Cada participante pinta ou escribe parte dunha obra sen coñecer completamente as partes restantes. A esta persoa seguiralle outra, e así sucesivamente. O resultado final do conxunto é imprevisible, a veces sen coherencia aparente, como un reflexo do imaxinario colectivo. É unha especie de collage de imaxes e palabras que todos os participantes poderán contemplar unha vez rematado.
Os monitores do Marco estarán a disposición do público no exterior do museo, diante da fachada principal da rúa do Príncipe (se o tempo o permite, ou en caso contrario no espacio anexo posterior). Haberá dous grandes rolos de papel continuo e pinturas de cores para que todos os participantes podan pintar ou escribir o que queiran.
Pola tarde, a partir das 17 horas, envolverase o edificio do Marco cos rolos de papel pintados, para que todos os participantes podan contemplar o resultado da súa obra colectiva.
O libro de sinaturas do ICOM. "Museos e amigos"
Horario: de 11:00 a 20:00
Lugar: vestíbulo do Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Participantes: todas as persoas interesadas.
Neste ano 2003, o Comité Español do ICOM deseñou para este Día Internacional dos Museos un Libro de Sinaturas para todos os museos de España que se queran unir a esta iniciativa. A idea é recoller por escrito as impresións e suxerencias dos visitantes, pensando que non só o museo se ten que comunicar co seu público, senón tamén éste con el.
Este libro estrearase simultaneamente en toda España o día 18 de maio, e estará á disposición dos visitantes ata final do ano. O do Marco porase a disposición do público no vestíbulo do museo, onde estará a presidenta da Agrupación de Amigos do Marco para responder a todas as preguntas das persoas interesadas.
Os membros das Asociacións de Amigos dos Museos son aquelas persoas interesadas na difusión e posta en valor do patrimonio cultural, que queren axudar aos museos e que dalgún xeito se comprometen a isto. Poden estar motivados por responsabilidade cívica, por desexo de traballar no eido da cultura ou por unha simple relación de proximidade ou coincidencia de ideas.
O pasado 7 de abril, o Padroado da Fundación Marco aprobou o Regulamento da Agrupación de Amigos do MARCO, que xa está integrada na FEAM (Federación Española de Amigos dos Museos). Próximamente ofrecerá múltiples actividades para todas as persoas que desexen facerse membros.