Mariló Cabaleiro fai balance da xestión de Participación Cidadá 1999-2003
A Concellería de Participación Cidadá realizou un balance de xestión de 1999 a 2003 a través do servicio de participación, servicio de atención ao cidadán e a oficina municipal de voluntariado.
Mariló Cabaleiro deu conta do crecemento de aproximadamente 4.400 m2 de novas infraestructuras civícas e sociocomunitarias: centros cívicos de Teis e Casco Vello que acolle o “Viveiro de asociacións” e a creación de novos locais para as asociacións veciñais do Coruxo, San Roque, Fonte do Galo, Cabral Feira, Federación de Peñas Recreativas e auditorios de Bembrive, San Miguel de Oia, Sampaio...
Explicou a posta en marcha dun ambicioso Plan de formación para Onls a través de cursos a medida, cursos de posgrao e manexo das novas tecnoloxías. A edición do manual “modelos de documentos para asocicións”e do plan xeral contable foron outros dos logros.
Creouse o Consello Municipal de Participación Cidadá e impulsouse o voluntariado a través da aprobación do primeiro plan municipal de voluntariado coa creación da oficina municipal de voluntariado, impulso da plataforma de voluntariado que agrupa a máis de 30 entidades e, como non podía ser doutra maneira, toda a coordinación e seguimento dos voluntarios derivados do lamentable atentado medioambiental do “Prestige”. Voluntarios e voluntarias que interviron nas Illas Atlánticas e noutras frontes aos que esta cidade nunca estará suficientemente agradecida.
A optimización do directorio de entidades non lucrativas, o impulso de proxectos de investigación e avaliación a través da edición do estudio “as asociacións cívicas e comunitarias como potenciais xacementos de emprego” e o estudio do voluntariado en Vigo son outras das cousas realizadas neste período.
Impulsouse a cultura da participación, colaboración e da coxestión de equipamentos mediante convenios coa asociación de veciños de Teis, Federación de asociacións veciñais Eduardo Chao, sindicatos, Federación de Peñas Recreativas... Fomentáronse tamén as relacións e intercambios sociocomunitarios entre Vigo a A Coruña e Vigo e Lugo.
Insistiuse na potenciación das campañas de sensibilización e información do sector asociativo da primeira Mostra de asociacións, campaña “Achégate” e na asunción da concellería dos servicio de información municipal que deu pé á creación de servicios como:
-Servicio de atención telefónica 010, de boa acollida entre a cidadanía, o que obrigou a incrementar o seu persoal de 4 a 7 persoas en dous anos de funcionamento.
-Posta en funcionamento de tres centros de atención municipal en Teis, Lavadores e Coia en colabouración con Benestar Social e outros tres CAM nos centros cívicos de Teis, Coruxo e Casco Vello.
-Informatización da información presencial
-Introducción e uso intensivo das novas tecnoloxías e fundamentalmente en internet.
-18 cursos de internet para amas de casa, nenos e maiores impartidos no Centro Cívico de Teis.
-24 cursos de internet para todos en colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía nas parroquias de Coruxo, Lavadores, Teis, Coia e Casco Vello.
-Creación do portal da concellería (www.cidadansvigo.org) no que nos seus distintos apartados se atópa información de interés para as asociacións, os cidadáns, o voluntariado e os emigrantes.
-Dotación de medios informáticos ás asociacións, na actualidade 44 asociacións dispón de ordenador, impresora e conexión a internet e no próximo mes outras 10 asociacións disporán dos mesmo medios.
-Programación dun aplicativo de xestión para asociacións en colaboración coa Universidade de Vigo, que está a disposición das asociacións tanto en modo local (no seu ordenador), como a través de internet.
-Recollida e tramitación de queixas a través do teléfono, dos buzóns cidadáns e por internet.
-Xestión de avisos a móbiles sobre ofertas de emprego e prazos fiscais.
-Creación e posta en marcha do Valedor do Cidadán, figura creada por primeira vez na nosa comunidade e que ten unha importante aceptación pola cidadanía como órgano de mediación e conciliación entre os e as cidadás e o Concello.
-Edición dunha Guia cidadá, en colaboración co Faro de Vigo, no que por primeira vez se achega os cidadáns de Vigo, unha guía moi completa con información e planimetría de tódalas parroquias de Vigo e con unha distribución de máis de 50.000 exemplares.
-Edición dunha guía cidadá electrónica en formato CD e a través de internet.
Descargar todas as imaxes