O programa ¿Xogas? en galego podemos ofrece xogos e obradoiros na ludoteca de Coruxo
O grupo Cabezolos amenizará unha xornada de xogos e obradoiros dentro do programa municipal de dinamización lingüística ¿Xogas?, en galego podemos. O venres 16 de maio os nenos de 4 a 10 anos poderán participar nas actividades previstas para as 18:30 na ludoteca de Coruxo.
Xogos de presentación como o da “pataca quente”, de coñecemento e de distensión como o do “director de orquestra” ou “o cesto de froitas” son algúns dos previstos. Ademais, haberá xogos con paracaídas como o de “queixo, pan e tomate” e o das “pombiñas de millo”.
Estes xogos de interrelación pretenden fomentar o uso do galego entre os máis pequenos mediante actividades lúdicas e didácticas no tempo de lecer.
Estes xogos de interrelación pretenden fomentar o uso do galego entre os máis pequenos mediante actividades lúdicas e didácticas no tempo de lecer.