xoves, 15 mai 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou as XIII Xornadas de Filosofía de Vigo en homenaxe a Mario Bunge, posuidor do Premio Príncipe de Asturias, que se desenvolverán do 20 ao 23 de maio no Verbum-Casa das Palabras con entrada libre previa inscrición.
xoves, 15 mai 2003
O itinerario da visita do programa "Entre árbores, paso a paso" do día 17 de maio, percorrerá o leito do Lagares, avistando exemplares da fauna que retornou ao río, tralo seu saneamento. O concelleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente, Amador Fernández, presentou a iniciativa, que dá conta da recuperación da calidade das augas.
xoves, 15 mai 2003
O domingo 18 de maio clausúrase a exposición "Laxeiro, un vanguardista de vocación atlántica" que puido verse no Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria, desde o pasado 7 de marzo.
xoves, 15 mai 2003
O grupo Cabezolos amenizará unha xornada de xogos e obradoiros dentro do programa municipal de dinamización lingüística ¿Xogas?, en galego podemos. O venres 16 de maio os nenos de 4 a 10 anos poderán participar nas actividades previstas para as 18:30 na ludoteca de Coruxo.
xoves, 15 mai 2003
O vindeiro domingo 18 de maio, con motivo da celebración mundial do Día Internacional dos Museos 2003, todas as actividades dese día no Marco serán gratuítas.