Castrillo pon a primeira pedra da urbanización da finca Solita, en Alcabre
O alcalde, Lois Castrillo, sinalou que con esta urbanización de 133 vivendas gañaranse 2.300 m2 de zonas verdes de uso público e dotacións deportivas, culturais e sociais para os cidadáns de Alcabre. Instalarase tamén a rede de servicios de saneamento, gas e alumeado e mellorarase a rede viaria da parroquia.
O alcalde dixo que "este proxecto é un exemplo da xestión urbanística que procura calidade de vida coa dotación de vivendas e creación de novas infraestructuras para a cidade".
A aprobación no Consello da Xerencia de Urbanismo do proxecto de compensación do terreo coñecido como finca Solita permitiralle ao Concello obter en Alcabre unha superficie arborada de 2.300 m2 na que se creará unha zona verde de uso público. O acordo supón tamén a cesión dun predio de 1.596 m2 que terá como destino a construcción dun equipamento social ou educativo. Ademais, abrirase unha rúa que enlazará a avenida de Europa co núcleo da parroquia.
A urbanización da finca permitirá mellorar as comunicacións no núcleo central de Alcabre ademais de facilitar a creación dun equipamento social a carón dun parque con especies arbóreas de notable valor.
A finca Solita dispón dunha superficie de 26.600 m2 na que a entidade Metrovacesa investirá 580.949 euros na apertura de rúas, instalación de redes de servicios e creación dun parque nesta zona próxima á avenida de Europa.
As obras consistirán na ampliación dos camiños do Freixeiro e A Fonte, que pasarán a ter beirarrúas e unha sección de 10 e 14 metros respectivamente. Ademais, abriranse dúas novas rúas que unirán os devanditos camiños polo interior do predio. Os promotores terán que habilitar unha zona verde de 2.300 m2 a carón da parcela na que se ubicará un edificio dotacional para a parroquia. O proxecto inclúe tamén a creación dun colector de pluviais e a instalación de redes de saneamento, gas e alumeado público.
As obras de urbanización permitirán a construcción no predio de 133 vivendas distribuídas en sete bloques de tres alturas. Tamén se reserva espacio para un inmoble de uso hoteleiro e comercial. Coa aprobación deste proxecto cúmprese un compromiso do Goberno municipal cos veciños de Alcabre, que con esta obra conseguirán unha zona verde, un novo equipamento dotacional e a mellora da rede viaria da parroquia.