Escoitar

A Escola municipal de música actúa na ludoteca de Lavadores

A "Obertura da frauta encantada", de Mozart, e "O carnaval dos animais", de Saint-Säens, constitúen o programa do concerto didáctico que a Escola municipal de música ofrecerá dentro de ¿Xogas?, en galego podemos o xoves 22 de maio ás 18:30 na Ludoteca de Lavadores.

mércores, 21 mai 2003
Camile Saint-Säens escribiu "O Carnaval dos Animais" para os alumnos da Escola de música Niedermeyer da que era mestre. A través de pezas musicais breves, moitas delas doutros compositores, o autor retrata con ironía e desenfado animais e outros personaxes que chamaron a súa atención. Camile Saint-Säens viviu en Francia entre os anos 1835 e 1921. Foi un gran pianista e moi afeccionado á arqueoloxía, á astronomía e ás letras.


Programa:

W. A. Mozart (1756-1791)
"Obertura da Frauta Encantada"

Camille Saint-Säens (1835-1921)
"O Carnaval dos Animais"

Marcha real do león
Galos e galiñas
Tartarugas
O elefante
Personaxes de longas orellas
O cuco no fondo do bosque
Pianistas
Fósiles
O cisne
Final