Inaugúrase o "Viveiro de asociacións" que fomentará as actividades dos colectivos
O Plan Comunitario Casco Vello, Asociación Galega de Lupus, Asociación de Familiares Galegos de Alzheimer (Afaga) o grupo Erva e a plataforma de voluntariado, que integra a máis de 30 colectivos, dispoñen de cadanseu espacio no Centro Cívico do Casco Vello para desenvolver as súas actividades.
"Este viveiro pretende ser un espacio-referencia de participación, dirixido a darlle soporte infraestructural ás asociacións da cidade e permitir o desenvolvemento de encontros e actividades que fomenten e incentiven o asociacionismo", afirmou a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro.
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carmen Corbalán explicou o proceso de rehabilitación deste inmoble situado na rúa Oliva e afirmou que dispón no baixo de restos da calzada romana do século III que indica onde estaba daquela a fronte litoral, unha fachada posterior correspondente á construcción dun pazo datado no século XVII e a fachada dianteira con arquitectura propia da década de 1920.
As concelleiras procederon a entregarlles as chaves aos representantes dos colectivos seleccionados froito dun concurso público.
A superficie útil total do Centro Cívico do Casco Vello é de 598,09 m2, dos que 99,3 m2 conforman o viveiro de asociacións. A financiación da construcción correu a cargo dos Fondos do Programa Urban, polo que a Unión Europea achegou o 70% e o Concello de Vigo o 30% do custo do orzamento, que foi de 629.619,42 euros (104.759.856 pesetas).
O Centro Cívico Casco Vello conta con diversos espacios de uso común (sala multiusos, vestíbulo, sala de reunións, sala de espera e lectura) dos que se poderán beneficiar as entidades usuarias do viveiro de asociacións. A utilización da sala de reunións e multiusos, canalizarase a través da Concellería de Participación Cidadá.
O Centro Cívico Casco Vello está destinado a albergar as entidades; "Asociación de veciños do Casco Vello", as organizacións usuarias do "Viveiro de asociacións", e da "Plataforma de voluntariado".