Atopar emprego a través das redes sociais
A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Emprego convocan o obradoiro "atopar emprego a través das redes sociais" con obxectivo de difundir o novo escenario do mercado laboral, facilitando ás persoas que buscan emprego unha maior e mellor adaptabilidade á nova realidade.
O Curso consiste en dúas sesións a modo de obradoiros de busca de emprego coa web 2,0 e as redes sociais como referente. Nunha primeira sesión explicarase o concepto da web 2,0, das redes sociais e a súa relación coa busca de emprego. A segunda sesión práctica centrarase nas redes sociais específicas relacionadas co emprego (Linkedin, Xing e Viadeo).
Buscarase que os/as participantes poidan acceder a algunha das máis importantes e ver así exemplos de uso e funcionamento. Verase de xeito específico a función dos blogs e dos servizos de microblogging, que permiten un maior aporte de contidos persoais ( Blogger, Twitter e redes especializadas).
Datas e lugar: 7 e 8 de maio de 17,30 a 19,30hs.
No Punto Xove. Rúa López de Neira nº 27. Vigo. 986/223004. puntoxove@vigo.org
Destinatarios: Mocidade interesada en xeral.
Máis información e inscricións: Inscrición previa no Punto Xove. López de Neira nº 27. Vigo. 986/223004.
Descargar todas as imaxes