O Concello inicia a campaña anual de control de gaviotas na cidade
A Concello de Vigo retirou o ano pasado 764 ovos e 331 nidos de gaviota ao longo da campaña de control anual que cada ano pon en marcha a Concellería de Medio Ambiente. A súa responsable, Chus Lago, animou aos veciños a chamar ao 010 para proceder a desmantelar asentamentos.
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, explicou hoxe martes que o Concello comezou a campaña anual de control de gaviotas na cidade, logo de solicitar á Xunta de Galicia a pertinente autorización. Desde o pasado 1 de abril os veciños que afectados pola presenza destas aves poden poñerse en contacto cos servizos municipais a través do 010.
Segundo relatou en rolda de prensa, a Concellería retirou o pasado ano 764 ovos e 331 nidos e desde que comezou esta actuación -hai catro anos- o balance é de 1.518 ovos e 1.034 nidos retirados, aínda que tamén se actúá en aves feridas ou atrapadas. Chus Lago valorou "moi positivamente estas cifras" e avanzou que "se atenderá á todas cantas persoas requiran os servizos" porque cantas máis chamadas haxa "mellor funcionará o programa".
Explicou que nas zonas que hai catro anos foron cualificadas como de "novo asentamento": Doblada, Via Norte, Teis-Vulcano, Cementerio de Pereiró e Citroën e Ramón Nieto, os veciños reciben cartas do Concello para que deixen actuar aos servizos municipais aínda que non lles sexa molesta a presenza das aves.
Gatos
Na súa comparecencia, Chus Lago referiuse tamén ao plan de estirlización felina que iniciou o Concello hai un ano e medio coa colaboración dos veciños. Desde entón, estirilizáronse 1.006 gatos distribuidos por toda a cidade, aínda que o barrio de Teis, con 235, alcanza a cifra máis alta de felinos intervenidos. Logo de darlle as grazas aos veciños "porque sen a súa alerta e asúa colaboración non poderíamos levar a cabo esta iniciativa", a concelleira valorou "positivamente o balance deste periodo subliñando que "se temos en conta que a poboación de gatos nas rúas era de 3.000 cando empezou o plan, podemos pensar que a situación estará controlada noutro ano e medio".
Descargar todas as imaxes