A Fundación Laxeiro presenta "Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane" de Carlos Lopez Bernárdez<br />
O mércores, 25 de abril, terá lugar a presentación do libro Do idilio á diáspora, modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, escrito por Carlos López Bernárdez. Unha novidade editorial de Nigra Trea na que se fai unha análise da evolución da plástica galega desde os albores do século XX até os anos cincuenta.Será ás 20 horas na sede da Fundación Laxeiro.
Para falar de todo isto, contarase co autor do libro, Carlos López Bernárdez, o Director Artístico da Fundación Laxeiro e a Coordinadora da editorial Nigra Trea, nun acto no que, ademais de aportar as ideas básicas da obra, o público asistente terá a oportunidade de participar no coloquio final.
Esta obra é un percorrido polo camiño seguido pola pintura galega desde os primeiros anos do século XX até os anos cincuenta, desde o costumismo rexionalista, de influxo modernista e simbolista, até o desenvolvemento pleno do movemento renovador da arte galega coñecido como Os Novos.
O autor
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador de arte e profesor de lingua e literatura galegas. Ensaísta de temas literarios e artísticos, é autor de libros como Breve historia da arte galega (NigraTrea, 2005); Maruja Mallo, a pintora da nova muller (NigraTrea, 2010) ou Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (NigraTrea, 2004), este último realizado en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro.
Como comisario de exposicións levou a cabo proxectos como Diáspora, Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (marco-Fundación Luís Seoane, 2005, Vigo e A Coruña); De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a pintura galega de posguerra (Fundación Lexeiro-Parlamento de Galicia, 2008, Vigo e Santiago de Compostela); Quiñones de León. Unha nova pinacoteca para Galicia (Museo da cidade Quiñones de León, 2010, Vigo); O fermoso rostro do pais (Pinacoteca Fernández del Riego, Museo Quiñones de León, Vigo)ou Faces do país. O retrato en Galicia, 1890-1950 (Fundación Novacaixagalicia, 2011, Santiago de Compostela e Pontevedra). Colmeiro. Paisaxe que sabe a pan. Círculo de las Artes, Lugo, 2012
Descargar todas as imaxes