Caballero recibe a unha delegación de vinte estudantes chinos que participan nun intercambio escolar
O alcalde de Vigo recibiu na mañá deste venres na Alcaldía a unha delegación de estudantes dun colexio de Hong Kong que, acompañados por alumnos do centro Montecastelo, participan nunha visita cultural dunha semana na nosa cidade.
Unha delegación de corenta estudantes, chinos e vigueses, foron recibidos esta mañá polo alcalde de Vigo, nun encontro no que lles deu a benvida á cidade e loubou iniciativas de intercambio educativo deste tipo. Vinte estudantes e dous profesores do centro Tak Sun de Hong Kong disfrutarán dunha estancia dunha semana na cidade para coñecer Vigo e seus alrededores .
Durante a súa estancia, estarán aloxados con familias de estudante do colexio Montecastelo e participarán en actividades culturais de xeito conxunto, co obxectivo de coñecer a cidade e as nosas costumes.
Descargar todas as imaxes