Escoitar

O Concello investirá no Entroido 95.000 euros, cun aforro de 25.000 euros respecto a 2011

A organización do Entroido suporá este ano 95.000 euros ás arcas municipais, o que supón un aforro de 25.000 euros respecto a 2011, cando o custe se elevou a 120.000 euros. A pesares desta redución, entre o venres 17 e o 22 de febreiro, "teremos un magnífico Entroido", indicou o rexedor, aludindo á celebración da Cabalgata, que resultou un éxito aínda que tamén foi máis austera que anos anteriores.

venres, 27 xan 2012
1327667299enterromomo.jpg
A Xunta de Goberno aprobou hoxe venres o convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo para organizar o entroido deste ano. Cun orzamento de 95 euros, 25.000 menos que o ano pasado, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que "con estes recursos seremos capaces de desenvolver un magnífico entroido", sen que falte ningún dos elementos claves nesta festividade, aclarou. Neste sentido, lembrou que a Cabalgata dos Reis Magos deste ano foi un éxito aínda que tamén se recortou o súa asignación orzamentaria respecto de anos anteriores.

O Entroido comezará o venres 17 e rematará o mércores 22, mentres que os prazos para anotarse aos respectivos concursos extenderánse entre o 3 e o 11 de febreiro.
Descargar todas as imaxes