Escoitar

II Seminario de Emerxencia Social

O Verbum acolle o venres día 27 o II Seminario de Emerxencia Social que organiza a Comisión de Incorporación Social do PLDA – Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adicións- e que inaugura ás 9.15 horas a concelleira de Políticas Sociais, Isaura Abelairas.

xoves, 26 xan 2012
1327584290exclusionsocial.jpg
O Seminario ten como obxectivo analizar a realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia; coñecer a normativa autonómica galega no referente aos centros de inclusión social e emerxencia social; valorara as liñas de acción para a inclusión social no ámbito autonómico e local, así como analizar os retos das entidades de iniciativa social no contexto actual.

Programa

9.00 ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN

9.15 INAUGURACION
Isaura Abelairas Rodríguez. Concelleira de Cultura, Festas e Políticas de Benestar. Concello de Vigo
Francisco Otero Lamas. Director PLDA. Concello de Vigo

9.30. ESTUDIO SOBRE PERSOAS SEN FOGAR EN GALICIA
Maria Dolores Galovart. Vicevaledora do Pobo de Galicia. Xunta Galicia

10.30 CENTROS DE INCLUSIÓN E EMERXENCIA SOCIAL. LEXISLACION APLICABLE
Pilar Araujo Prado. Xefa Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social

11.30 PAUSA - CAFÉ

12.00 INCLUSION SOCIAL NO CONTEXTO DA CIDADE DE VIGO
- A situación dos máis desfavorecidos no contexto actual. Panorama da inclusión social
Carlos Gradín Lago. Profesor Departamento de Economía Aplicada. Universidad de Vigo
- Papel das entidades de iniciativa social
Santiago González Avión. Director European Anti Poverty Network. EAPN- Galicia
- Líneas estratéxicas para a superación das desigualdades das persoas en risco de exclusión
Paz Fernández Fernández. Xefa de Servizo da Área de Política de Benestar do Concello de Vigo
Experiencia en Rede
Manuel Adame Moldes. Rede Galicia Sur

13.15 TRABALLO EN GRUPO
14.30 REMATE
Descargar todas as imaxes