Escoitar

O goberno local comprométese a relanzar os "Cidade de Vigo" na presentación do trofeo entre Octavio e León

Academia Octavio e Reale Ademar de León, dous equipos da Liga Asobal, disputarán este venres, ás 20:45 horas nas Travesas, a decimonovena edición do Trofeo Cidade de Vigo de balonmán, un evento tradicional iniciado en 1991 e polo que pasaron equipos de gran calidade ademais das principais referencias galegas.

mércores, 25 xan 2012
1327499898deportes.jpg
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, anunciou na rolda de prensa de presentación que entre os compromisos do Concello co deporte vigués figura "darlle pulo aos trofeos que se van a desenvolver durante o ano para pór en valor o nome da cidade; corresponde relanzar este tipo de eventos", sostivo.

O concelleiro pediu o apoio da afección coa súa asistencia ao encontro, lembrou o gran papel dos académicos esta tempada no campionato nacional e anunciou que a entrada ao partido será gratuíta. Ademais, o edil socialista valorou que "Vigo é unha cidade moi vinculada ao balonmán" e aproveitou o acto para enviar "parabéns a España" por acadar xa as semifinais do Campionato de Europa, en Croacia. "É un momento de máximo interese para este deporte", subliñou.

Pola súa banda, Javier Rodríguez, presidente do Octavio, agradeceu o apoio do Concello e apuntou que a variación de datas (o evento adoita xogarse en pretempada estival) débese a que "non queriamos traer un paquete; en agosto non había datas pola disputa de Copa Deputación e a Copa Galicia e neste parón a xente ten mono de ver balonmán", explicou.

O torneo, do que o Octavio foi campión en nove ocasións, foi gañado nas dúas últimas edicións polo equipo invitado (o francés Dunkerque en 2009 e o Barcelona en 2010). Precisamente en agosto dese ano bateuse a marca de goles nun partido do trofeo, 74 (30-44)
Descargar todas as imaxes