Escoitar

O Concello coopera na mellora da calidade de vida dunha das rexións máis pobres de Nicaragua

A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, compareceu este mércores en rolda de prensa para dar conta do resultado dun proxecto de cooperación en Nicaragua para a construción de 11 vivendas para otras tantas familias e para a formación da poboación local, realizado a través do Fondo Galego de Cooperación, do que Abelairas é vicepresidenta. A pesar da crise "seguimos mantendo o compromiso cos países máis desfavorecidos", indicou.

mércores, 25 xan 2012
1327496172abelairas.jpg
A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, valorou o traballo para "mellorar a calidade de vida" da poboación do norte de Nicaragua, coa construción de 11 vivendas dignas, a educación e a formación da poboación local.

Mediante este programa, articuláronse "accións de desenvolvemento comunitario" para mellorar a situación económica da veciñanza nicaragüense, capacitouse ás familias para producir o seu propio alimento, déuselles terra aos que non a tiñan e construíuse un sistema de captación de auga, xa que a seca é un dos problemas máis serios na zona.

Abelairas subliñou a parte educativa desta iniciativa solidaria, na que, por exemplo, os mozos das familias beneficiadas participan nos centros de educación alternativa rural, sedes de formación e diagnose das necesidades das comunidades, en colaboración cos líderes actuais. Tamén mellorouse a seguridade alimentaria das familias atendidas.
Descargar todas as imaxes