Escoitar

A concelleira de Cultura presenta a programación do Auditorio Municipal de febreiro-maio 2012

A concellería de Cultura e Festas, Isaura Abelaias, presentou hoxe martes a programación do Auditorio do Concello para os meses de febreiro a maio,cun total 26 funcións que abarcan diversos xéneros como o teatro, a comedia, os monicreques, monólogos, maxia e danza, e incorpora como novidade a música.

martes, 24 xan 2012
1327409384isaura3.jpg
Isaura Abelairas
Nesta nova tempada, a Concellería aposta por unha liña de continuidade que pretende seguir consolidando públicos a través das artes escénicas cos mellores espectáculos de música, teatro e danza que están nestes momentos circulando en Galicia e fóra dela.

A programación conta para este primeiro semestre do ano con un total 26 funcións que abarcan diversos xéneros como o teatro, a comedia, os monicreques, monólogos, maxia e danza, e incorpora como novidade a música.

A programación se divide en programación destinada a público adulto, que terá lugar todos os venres ás 21 horas, e programación destinada a público familiar, que continuará realizándose os domingos ás 18 horas.

Dentro da programación de adultos as compañías que visitarán o Auditorio do Concello por xéneros é a seguinte:

MÚSICA: Lulavai (folk), Miki Nervio and the Bluesmakers (soul-blues acústico), AID (rap-funk soul) e Fran Pérez Narf (música de autor).

TEATRO: David Amor (monologuista), Obras Públicas (comedia), Lavi e Bel Teatro (musical), Funboa Escénica (comedia), Espello Cóncavo (comedia) e Sergio Pazos (monoguista).

DANZA: Quique Peón, Entremáns e Mal Pelo.

En canto á programación destinada ao público familiar a distribución é a seguinte:

MÚSICA: Golfiños

TEATRO: Las Hadas de la Bella Durmiente, Grillos y Luciérnagas, Carta Urxente para Máximo Toxo, Nana para un soldado, O gato manchado e a andoriña siñá, Kafka e a boneca viaxeira, Pío e La isla desconocida.

MAXIA: Mago Romarís

DANZA: La Cenicienta, Nubes e Baleadas.

Cabe destacar dentro da programación infantil a participación de Disset Teatre, compañía que ven de acadar co espectáculo que presenta en Vigo o Premio Feten 2011 ao Mellor Espectáculo de Títeres e Obxectos, o Premio da Mostra Val D'albadia 2011 e que está recomendado pola Comisión artística da Rede Española de Teatros e Auditorios.

O domingo 29 de abril conmemoraremos o Día Mundial da Danza con un espectáculo de danza contemporánea dirixido a público familiar a partir de 5 anos que se titula Nubes, da recoñecida compañía de danza Aracaladanza, que acadou con este espectáculo o Premio Feira de Huesca 2011 ao Mellor Espectáculo de Danza en xira por España, Premio MAX 2011 ao mellor espectáculo infantil, Premio MAX 2011 ao mellor figurinista, Premio Nacional de Teatro para a infancia e a xuventude 2010 e foi finalista ao Premio MAX á mellor iluminación.

Nesta programación participan un total de 19 compañías galegas e 7 compañías de fóra de Galicia.

Unha selección que toca todos os xéneros e gustos con compañías de recoñecida traxectoria no mundo das artes escénicas e grupos emerxentes que presentan propostas atractivas e que estamos seguros farán as delicias de todo tipo de públicos.

As entradas se poden adquirir anticipadamente a partir de mañá mércores a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio.

Os abonos para a programación deste semestre se poden combinar entre todos os espectáculos en paquetes de 5, 10 ou 15 espectáculos, con importantes descontos do 15, 25 e 40% respectivamente.

O Concello de Vigo invirte 51.000 € nesta programación, e pola súa banda o AGADIC (Axencia galega de desenvovlemento de industrias culturais-Xunta) 23.600 €
1327409384isaura3.jpg
1327411951mupi.jpg
Descargar todas as imaxes