Caballero presenta unha nova aplicación para coñecer en tempo real a frecuencia de paso do autobús urbano
O alcalde presentou este venres "Bus Vigo", a nova aplicación para móbiles Android de VITRASA que permitirá ao usuario coñecer en tempo real a frecuencia de paso dos autobuses, localizar a parada máis próxima e calcular a mellor ruta para desprazarse en bus pola cidade. Esta ferramenta é totalmente gratuíta, sinxela e intuitiva, coa que preténdese ampliar e mellorar as canles de información do transporte público de Vigo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Transporte e Mobilidade, Carlos Font, e o director xeral de VITRASA, Juan Carlos Villarino, presentaron na mañá deste venres esta nova aplicación para teléfonos móbiles intelixentes, un sistema gratuíto que posibilitará ao usuario coñecer en tempo real a frecuencia de paso dos autobuses polas máis de 1.150 paradas.
O alcalde apuntou que esta "revolución" ofrece toda a información relativa ao transporte urbano vigués -tempos, rutas, frecuencias...- e estará dispoñible próximamente para a práctica totalidade dos smartphones. "Un avance moi notable" na xestión informativa, que tivo un custo aproximado de 60.000 euros, elaborado "directamente desde Vigo".
Aquel que teña instalado "Bus Vigo" poderá calcular cal é a mellor ruta para desprazarse en bus pola cidade e localizar a parada máis cercana á súa ubicación. A aplicación, gratuita, establece tamén o percorrido entre unha orixe e destino seleccionados.
Esta ruta pode calcularse tanto en tempo real, obtendo información dos autobuses que pasarán de maneira máis inmediata pola parada, como para unha hora específica seleccionada polo usuario. Ademais a aplicación Bus Vigo permite buscar a parada máis próxima a unha dirección seleccionada e coñeceras en tempo real os autobuses que pasarán por ela. Para introducir o punto de saída a aplicación permite facelo seleccionando un punto nun mapa da cidade, introducindo unha posición de GPS ou elixindo unha rúa dun listado.
Estas mesmas opcións permiten tamén localizar a parada máis próxima para consultar así os autobuses que pasarán por ela, información que tamén se pode obter introducindo o código da parada que aparece no propio poste. BusVigo poderá descargarse gratuitamente en AndroidMarket.
Descargar todas as imaxes