Escoitar

O alcalde garante apoio municipal para a expansión de Coren na cidade

Abel Caballero reuníuse este xoves coa Directora Executiva da compañía, a señora Gómez Franqueira, quen transmitiulle ao alcalde a intención de Coren de continuar coa súa expansión comercial en Vigo, en particular abrindo dous novos establecementos en Venezuela e na Avenida da Hispanidade. Segundo revelou o rexedor, Vigo é "opción estratéxica" para o plan de empresa de Coren.

xoves, 19 xan 2012
1326979029coren.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indiciou que, dentro da normativa legal vixente, o goberno local concederá facilidades a Coren para que continúe coa súa expansión e creación de emprego na cidade.

Vigo é "prioritaria" e unha "opción estratéxica" no proxecto da empresa de alimentación, tal e como apuntou Abel Caballero ao remate da reunión.
Descargar todas as imaxes