O alcalde propón á Xunta de Galicia cofinanciar as reformas necesarias nos colexios públicos de Vigo
Nunha reunión con directores de colexios públicos de Vigo de Infantil e Primaria, Abel Caballero indicou que remitirá novamente ao goberno autonómico o listado de melloras pendentes nos centros públicos vigueses, estimadas en 22 millóns de euros, e "se o fan, estamos dispostos a cooperar no financiamento". O rexedor recordou que, no anterior mandato, o Concello adicou 12,5 millóns á educación pública de Vigo e "o noso plantexamento é aumentalo" no actual.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitiu aos directores a vocación do goberno que preside de continuar respaldando a educación pública na cidade, á que adicou no pasado mandato un total de 12,5 millóns de euros en distintas partidas. "O noso plantexamento é aumentalo nestos catro anos", apuntou.
Caballero adiantou durante a reunión que volverá a remitir á Xunta de Galicia o informe de melloras que necesitan os centros públicos vigueses, solicitando un encontro no que acordar o financiamento, que o goberno local estima en 22 millóns de euros. Pese a ser competencia exclusiva do executivo galego, o alcalde indicou que "se o fan, estamos dispostos a cooperar no financiamento" dastas obras.
Por outra banda, e na mesma comunicación, o Concello instará á Xunta a acometer con urxencia a ampliación dunha docena de comedores escolares que non poden atender toda a demanda de alumnado por falta de espazo nos recintos. Tamén solicitará por urxencia algunhas reformas interiores e a cobertura de patios de recreo.
Descargar todas as imaxes