VII edición dos Premios Honoríficos David Russell para novos talentos
O Conservatorio Profesional de Música de Vigo (rúa Fotógrafo Felipe Prósperi s/n) celebra este fin de semana o sábado 21 e o domingo 22 a sétima edición dos Premios Honoríficos "David Russell" para novos talentos. Os concertos son abertos ao público, de entrada gratuíta, e levaranse a cabo no auditorio do Conservatorio.
Nesta edición haberá 33 participantes procedentes de toda España e Portugal, con idades comprendidas entre os 10 e os 24 anos. Este ano as especialidades son óboe, canto, clarinete, frauta traveseira, guitarra, percusión, piano, saxofón, e violín.
O xurado, que colabora de forma altruísta, estará formado por David Russell, María Jesús Rodríguez, Margarita Escarpa, Asterio Leiva, David González, Carmen Carreiras, Marta Vélez e Patricia Branco.
Os patrocinadores da presente edición son a Concellería de Cultura do Concello de Vigo, Alcaldía de Vigo, Granero Video, Asociación Escola Rosalía de Castro, Radio Galega, Élite Musical e Orquestra Vigo 430. Tamén conta coa colaboración da asociación de guitarra PIMA, Ópera Prima, Enclave, Hotel Hesperia e o ANPA do Conservatorio ademais dos conservatorios profesionais "Manuel Quiroga" de Pontevedra e Santiago de Compostela.
Os premios son honoríficos e os gañadores optarán á gravación dun DVD, becas, concertos e bonos canxeables por material musical.
Os responsables da organización confían en que, un ano máis, esta convocatoria permita que os novos músicos intercambien experiencias musicais e aprendan a valorar a importancia das accións solidarias. Ademais preténdese continuar premiando o traballo que realizan moitos novos músicos e ofrecerlles un estímulo no desenvolvemento das súas carreiras profesionais.
Fin solidario
Esta actividade ten tamén unha finalidade solidaria: os fondos recadados destinaranse integramente á ONGD fundada por David Russell e a súa dona María Jesús en Vigo. As primeiras edicións permitiron financiar a construción de catro pozos de auga en África. Nesta ocasión, do mesmo xeito que en anos anteriores, o diñeiro destinarase a unha escola sen recursos de nenos e nenas discapacitados/as no estado de Guyarat, no norte da India.
Desde o 31 de maio de 2005 os premios levan o nome do guitarrista David Russell, ganador dun premio Grammy polo seu disco "Aire Latino".
Descargar todas as imaxes