Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 26 xan 2012
ASUNTOS PARA INCLUÍR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE XANEIRO DE 2012.

1.- Actas das sesións anteriores: ordinaria do 13 e extraordinaria e urxente do 16 de xaneiro de 2012.

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
2.- Convenio de colaboración doa Federación de peñas recreativas El Olivo e a Agrupación de centros deportivos e culturais para a organización do Entroido 2012, así como as Bases de participación nos diferentes concursos. Expte. 4371/335.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Dar conta das seguintes Sentenzas e Autos:

a) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 429/07 P.A. Demandante: MODESTO VÁZQUEZ E S.N. DE CC.OO DE GALICIA. Obxecto: Resolución do 21.08.07, prazas suboficial Bombeiros. Estimación parcial, anula o acto e retrotrae o procedemento, confirmada en recurso de apelación 254/09 TSXG. Incidente Executorio auto 15.10.2010, contencioso nº 2 de Vigo, declara completamente executada a sentenza. Apelación 786/10, sentenza 1129, 2.11.2011. Desestima o recurso de apelación. Expte. 3942/111.

b) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 273/11 P.A. Demandante: EUGENIA HONORATO LORENZO. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que estima o recurso, anula a sanción con condena á devolución actualizada, se fose o caso, e condena en custas ao Concello. Expte. 7034/111.

c) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 208/2011 P.A. Demandante: JULIAN MÍGUEZ BALSEIRO. Obxecto: Desestimación presunta da reclamación de responsabilidade patrimonial por danos por caida de árbore. Esta sentenza estima o recurso, anula o acto presunto desestimatorio e declara a existencia de responsabilidade imputada a CESPA S.A. Expte. 6829/111.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 315/2011 P.A. Demandante: AXA SEGUROS GENERALES, S.A. Obxecto: danos en locais por auga. Sentenza que estima parcialmente o recurso, anula o acto e condena ao Concello ao pagamento de 548, 50 euros máis xuros legais. Expte. 6842/111.

e) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 268/2011 P.A. Demandante: ANA MARÍA QUIROS GARCIA. Obxecto: solicitude de flexibilización horaria. Esta sentenza estima parcialmente o recurso nos termos sinalados no fallo. Expte. 6963/111.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 218/2011 P.A. Demandante: MAFRE SEGUROS EMPRESAS S.A. Obxecto: Resolución do 21.6.2011, imputación á aseguradora municipal de indemnización, interpretación de contrato de aseguramento do Concello, exclusión de danos ambientais. Sentenza firme, estima o recurso e anula o acto. Expte. 6952/111.

g) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 377/2011 P.A. Demandante: MARCELINO SILVEIRA CURRÁS. Obxecto: Resolución do 27.7.2011 sanción de tráfico. Sentenza que estima o recurso e anula a sanción imposta. Expte. 6951/111.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 285/2011 P.A. Demandante: RAQUEL SILVA FERNÁNDEZ. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que estima o recurso e anula a sanción imposta. Expte. 6811/111.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 343/2011 P.A. Demandante: MARÍA LUZ FERNÁNDEZ CASTRO. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que estima o recurso e anula a sanción imposta. Expte. 6893/111.

k) Sentenza do X. do Social nº 3 de Vigo, xuízo ordinario nº 856/2011. Demandante: ARACELI ABALDE FERNÁNDEZ. Obxecto: despido. Sentenza, non firme, estima a demanda da actora. Expte. 6878/111.

l) Sentenza do Tribunal Supremo no RC-A nº 02/4546/2001. Recurso de Casación. Sentenza ditada en recurso de casación 1571/2006, desestima o recurso promovido por TELEFÓNICA MOVILES DE ESPAÑA S.A. Expte. 2280/111.

m) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no Procedemento abreviado nº 444/2011. Demandante: BEATRIZ DAVILA COSTAS. Obxecto: Resolución do 1.09.2011. Sentenza firme que desestima o recurso. Expte. 7011/111.

n) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no Procedemento abreviado nº 458/2011. Demandante: FELIX EXPÓSITO FERNÁNDEZ. Sentenza firme, estima parcialmente a pretensión de resarcimento dos danos causados na persoa do demandante. Expte. 7056/11.

o) Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no Procedemento abreviado nº 453/2011. Demandante: MARÍA JOSE VELASCO DOLDAN. Sentenza firme que desestima a pretensión de resarcimento dos danos causados na persoa do demandante. Expte. 7046/111.

p)Sentenza do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no Procedemento abreviado nº 291/2011. Demandante: VIDAL ESTEVEZ ESTEVEZ. Sentenza firme que estima parcialmente o recurso presentado polo actor. Expte. 7064/111.

BENESTAR SOCIAL
4.- Desestimación do recurso da Asociación de veciños, consumidores e usuarios-Centro social, cultural e recreativo de Beade. Expte. 70358/301.

DEPORTES
5.- Autorización para a celebración do III DUATLON CROSS MÁMOA DE CANDEAN. Expte. 11010/333.

FOMENTO
6.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Pintor Colmeiro (tramo rúa Tarragona-Álvaro Cunqueiro). Expte. 2055/443.

7.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización Avda. Ramón Nieto. Fase II. Expte. 2056/443.

8.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Brasil. Expte. 2055/443.

9.- Nomeamento da dirección facultativa da obra básico e de execución de reforma interior de edificación coma escola infantil na rúa Mestres Goldar. Expte. 2058/443.

10.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Nicaragua. Expte. 2059/443.

11.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Menéndez Pelayo. Expte. 2060/443.

12.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Doutor Marañón. Expte. 2061/443.

13.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Martínez Garrido. Fase II. Expte. 2062/443.

14.- Nomeamento da dirección facultativa da obra de humanización rúa Aragón. Fase II. Expte. 2063/443.

MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE
15.- Devolución de aval á Asociación de Veciños Praza da Miñoca, con motivo da celebración do magosto na Praza da Miñoca. Expte. 81571/210

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
16.- Alleamento de 104 vehículos para chatarra. Expte. 3966/241.

17.- Devolución de garantía a ORECO S.A. Expte. 3958/241.

18.- Liquidación do contrato para a elaboración do proxecto de aparcadoiros e locais baixo a denominada Praza Elíptica, construción dos mesmos e alleamento do dereito de superficie. Expte. 18389/240.

RECURSOS HUMANOS
19.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Cemiterios por exceso anual correspondente ao mes de decembro de 2011. Expte. 22676/220.

20.- Complemento de produtividade por conducir maquinaria pesada correspondente ao 4º trimestre 2011 do persoal do Parque Móbil. Expte. 22678/220.

21.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección correspondente ao mes de decembro 2011. Expte. 22680/220.

22.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de decembro 2011. Expte. 22677/220.

23.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de decembro de 2011. Expte. 22675/220.

24.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de decembro de 2011. Expte. 22696/220.

25.- Recurso de Alzada contra prazas subalterno (OEP 2008) presentado por Dª María del Carmen López Allegue. Expte. 22702/220.

26.- Recurso de Alzada contra prazas subalterno (OEP 2008) presentado por Dª María del Carmen Lorenzo Prado. Expte. 22700/220.

27.- Recurso de Alzada contra prazas subalterno (OEP 2008) presentado por Dª María del Carmen López Pérez. Expte. 22701/220.

28.- Recurso de Alzada contra prazas subalterno (OEP 2008) presentado por Dª Mercedes Villanueva Meda. Expte. 22703/220.

29.- Recurso de Alzada contra prazas subalterno (OEP 2008) presentado por D. Oscar Manuel Núñez Rois. Expte. 22704/220.

30.- Dar conta resolución sobre encomenda de funcións a Dª María del Carmen Pazos Area. Expte. 22734/220.

31.- Gastos de locomoción do persoal municipal. Expte. 22665/220.

32.- Proposta de nomeamento como funcionarias/os de carreira de 11 subalternos/as con cargo a prazas vacantes incluídas na OEP 2008. Expte. 22739/220.

33.- Modificación puntual da vixente RPT municipal para a redenominación de posto de traballo e reasignación á Alcaldía do Concello de Vigo. Expte. 22744/220.

34.- Proposta cese de 12 axudantes de oficios contratados/as en réxime laboral temporal por interinidade por terse cuberto as prazas incluídas na OEP 2008. Expte. 22745/220.


URBANISMO-CASCOS HISTÓRICOS
35.- Convenio acordo Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vigo, sobre actuación na área de Rehabilitación Conxunto Histórico Casco Vello 13ª fase. Obxectivos 2011 do Plan de Vivenda 2009-2012. Expte. 501/431.

36.- Convenio acordo Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vigo, sobre actuación na área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Bouzas 8ª fase. Obxectivos 2011 do Plan de Vivenda 2009-2012. Expte. 502/431.

VÍAS E OBRAS
37.- Devolución de aval a favor de EDELNE S.L. , por canalización eléctrica na rúa Bolivia. Expte. 65162/250.

38.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de xaneiro de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdeG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 25 de xaneiro de 2012.

O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,Dª. Mª Jesús Lago Rey.