Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 27 xan 2012
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 1

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día TRINTA de XANEIRO 2010, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores. (S. Ordinaria 28.11.11).

1.1.- Escrito de renuncia á acta de concelleira de dona Mª José Bravo Bosch, pertencente ao grupo municipal do Partido Popular. Expte. 393/1101.

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1- Aprobación inicial da disposición complementaria da ordenanza reguladora do servizo de autotaxi da cidade de Vigo, para a limitación diaria de prestación do servizo no sector do autotaxi. Expte. 81802/210 (392/1101).

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2. Iniciación do expediente de investigación de titularidade de tramo no camiño Bértolos. Expte. 19214/240 (384/1101).

3.3. Desestimación de reclamación administrativa previa á vía xurisdicional civil respecto da titularidade do camiño do Castañal, San Xoán do Monte, núm. 9. Expte. 18947/240 (378/1101).

3.4. Modificación de crédito núm. 3/2012, crédito extraordinario subvencións nominativas para clubs deportivos de elite. Expte. 11088/333 (396/1101).

POLÍTICA SOCIAL, CULTURA E DEPORTES
3.5. Denominación de "Rúa do Galván" na parroquia de Navia. Expte. 13504/331 (386/1101)

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1. Moción do Grupo municipal do BNG instando á Xunta de Galicia e Concello de Vigo a execución dos compromisos adquiridos para a construción do túnel de Xulián Estévez. Expte. 385/1101.

5.2. Moción do Grupo municipal Socialista instando á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a atender aos desempregados de Vigo e conceder planes para 2012. Expte. 388/1101.

5.3. Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a non incrementar as tarifas das garderías públicas senón conxelar os prezos. Expte. 394/1101.

5.4. Moción do Grupo municipal Socialista instando ao Ministerio de Fomento a manter o deseño da estación do AVE e informar da causa da retirada de empresas do concurso. Expte. 395/1101.

5.5. Moción do Grupo municipal Popular instando á Xunta de Galicia que o novo hospital de Vigo leve o nome de "Álvaro Cunqueiro". Expte. 389/1101.

6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 17 de xaneiro, de modificación de resolución de delegacións de data 13 de xuño de 2011, no referente ás competencias do concelleiro delegado de Mobilidade, Transportes, Seguridade e Xestión Municipal.

1.4.- Dar conta de escrito de aceptación de dedicación exclusiva do concelleiro do Grupo Popular, Sr. Relova Quintero. Expte. 383/1101.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1. Moción do Grupo municipal Popular instando ao Concello a poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios para a Cidade da Xustiza. Expte. 390/1101.

4.2. Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando á Alcaldía a cesión de terreos para construción do novo colexio Altamar. Expte. 391/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día TRINTA DE XANEIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 26 de xaneiro de 2012

O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez

O SECRETARIO XERAL DO PLENO, José Riesgo Boluda.