Escoitar

ACTIVIDADES "CAMIÑO A CAMIÑO" 2012

A Concellería de Medioambiente organiza para o primeiro trimestre do ano esta popular iniciativa de saúde e educación ambiental, que desta volta continúa cos roteiros pola cidade e suma novas saídas fóra do municipio, programa actividades específicas para a xuventude e a infancia, e engade un novo apartado de cursos e voluntariado ambiental.<br />

venres, 27 xan 2012
1327664625camino.jpg
Obxectivo: Combinar a sensibilización medioambiental co fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa tanto en Vigo e bisbarra como en lugares singulares de Galicia
Inscrición: No teléfono 010, dende o luns 30 de xaneiro ata o xoves 2 de febreiro, en horario de 8:00 a 20:00h. Por estrito orde de chamada.
Máis información: 010, www.vigo.org ou caminoacaminovigo.blogspot.com

1. Visita zona húmida da Bouza, con ruta dende Bouzas (5 febreiro)
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Retorno (estimado): 14:00h. Praza do Rei.
Grupo máximo de 300 persoas, con desprazamento en autobús urbano. Gratuíto
Destinatarios: Persoas de todas as idades empadroadas en Vigo. Os menores de idade deberán ir acompañados polos seus pais ou titores legais.

2. Visita ás Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo (5 febreiro)
Saída: 8:00 dende a Praza do Rei. Retorno (estimado): 21:00h. Praza do Rei.
Grupo de acceso á cova: 30. Grupo acompañante: 20. Desprazamento en autobús discrecional. Achega: 15 euros. Ver no blog detalles de inscrición.
Destinatarios: Persoas maiores de 14 anos empadroadas en Vigo.

3. Visita ás Covas de Castiñeiras no Bierzo (25 febreiro, con inscrición previa)
Saída: 8:00 dende a Praza do Rei. Retorno (estimado): 22:00h. Praza do Rei.
Grupo de acceso á cova: 30. Grupo acompañante: 25. Desprazamento en autobús discrecional. Achega: 15 euros. Ver no blog detalles de inscrición.
Destinatarios: Rapaces e rapazas entre 8 e 14 anos empadroadas en Vigo . Os acompañantes poden ser pais ou familiares dos rapaces.

4. Curso de iniciación ao snorkel (5 febreiro)
Horario: 10:00 a 12:00. Lugar: Piscina de Lavadores
Grupo máximo: 25. Achega: 5 euros. Ver no blog detalles de inscrición.
Destinatarios: Persoas maiores de 10 anos, que saiban nadar e empadroadas en Vigo
Descargar todas as imaxes