O alcalde recibe ao equipo de Kung Fu da Asociación Cultural e Deportiva de Cabral
O rexidor animounos a seguir traballando para continuar acadando éxitos e recoñeceu o seu bo facer e a súa traxectoria deportiva persoal neste técnica
O alcalde de Vigo recibiu hoxe a unha representación do equipo de Kung Fu da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Cabral que conta actualmente con 40 membros. Abel Caballero felicitounos polos premios acadados nos últimos tempos, entre eles os acadados na fase provincial por equipos na categoría alevín (4º posto), na categoría junior da fase rexional por equipos (subcampións e carto posto en cinto marrón) ou na fase nacional por equipos (subcampiós en cinto negro).
Moitos destes recoñecementos son revalidados cos anos e responden ao traballo dos deportistas dirixidos por Javier Ínsua Gómez, cinto negro de Kung Fu e maestroi nacional, entre outros títulos.
Na gala do Deporte organizada polo Concello vigués os membros deste equipo de Kung Fu acadaron premios individuais na modalidade de Kung Fu polo seu bo facer e a súa traxectoria deportiva persoal nesta técnica.
Descargar todas as imaxes