Escoitar

A Xunta de goberno local aproba o convenio cos sindicatos para o control das obras do FESSL por un importe de 90.000 euros

Dáse luz verde ao acordo con UGT, CCOO e CIG polo que cada unión comarcal recibirá un importe de 30.000 euros para vixiar as condiciones laborais dos traballadores, o cumprimento dos horarios e a prevención de riscos. O alcalde, Abel Caballero, destacou que na segunda fase do coñecido Plan Zapatero Vigo ten asinados 32,5 millóns de euros que xenerarán na cidade uns 2.300 empregos aproximadamente.

luns, 5 xul 2010
1278343984plane.JPG
Caballero destacou hoxe que as mellores institucións para garantir os requisitos mínimos de emprego e de seguridade no traballo dacordo coas especificacións requeridas son os sindicatos. Así o amosan , ao seu xuizo, as garantías das centrais sindicais nas obras do Plan E na súa primeira fase. "Os sindicatos foron clave para a consecución do emprego que aparecía nos plegos", advertiu o rexedor.

Ademáis o alcalde lembrou que nese momento os sindicatos xa alertaron de varios incumprimentos polo que se advertiu a varias empresas de que as condicións dos pregos "se van exisir taxativamente". Caballero insistiu en que a advertencia e o aviso as empresas se manterá nesta convocatoria e explicou que a Obra Pública debe diferenciarse polas condicións de emprego. Da primeira fase do Plan Zapatero, Vigo recibiu 52 millóns de euros.

Santa Cristina de Lavadores
A Xunta de Goberno Local tamén deu o visto e prace ao proxecto de eficiencia na xestión dos recursos hídricos e outras redes de suministro de auga na rúa Santa Crsitina, no tramo comprendido entre a rúa Pateira e a Travesía Baixada Santa Cristina.

O obxecto do proxecto é levar executar unha rede separativa de augas residuais, renovar os elementos de alumeado para mellorar a eficiencia lumínica e aforrar enerxía. Tamén se inclúe a recuperación e rehabilitación do entorno da Igrexa parroquial. O rozamento do proxecto é de 231.351 euros.

Pola súa banda tamén se aprobou o proxecto de carril bici de Castelao polo que se adecuará o sendeiro existente como tramo de carril bici de máis de 1,5 kilómetros. Segundo apuntou o alcalde a inversión ascende a 290.000 euros e as obras comezarán de inmediato.

Soterramento infraestruturas eléctricas
Na Xunta celebrada hoxe aprobouse pedir unha subvención dos Fondos Feder para o soterramento de infraestruturas eléctricas nas rúas Manuel Álvarez, Cesáreo Vázquez, Manuel de Cominges, estrada Fragosela, rúa Castaña, Sanín, Casal de Arriba e Baixada á Laxe. "Queremos proceder a soterrar as liñas o que significa que trazaremos en todo Vigo o proxecto de modernidad que queremos", asegurou o alcalde.
Descargar todas as imaxes