Escoitar

Caballero lembra o emprego xerado no parque comercial Meixueiro no seu primeiro aniversario<br />

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou o sábado pola mañám o primeiro aniversario do Parque Comercial Meixueiro xunto a propietarios, empresarios e traballadores das empresas ubicadas no centro comercial.O rexedor lembrou que o parque xerou preto de 500 empregos que supuxeron un novo pulo empresarial para a cidade e así a amosa o éxito das firmas instaladas nos 19.000 metros cadrados de superficie comercial que ocupa o centro comecial.

luns, 5 xul 2010
1278335786meixueiro.JPG
A idea do parque Meixueiro iniciouse en 1990 coma un proxecto netamente vigués pero non sería unha realidade ata xullo de 2008. Despóis de tantos anos de percorrido a súa construcción e execución foi unha realidade en 12 meses, baixo o mandato do socialista Abel Caballero. A súa construcción se iniciou o 26 de xullo de 2008 e a inauguración producíase un ano despóis, o 3 de xullo de 2009. Un ano de vida no que a apertura inicial coas firmas Decathlon e Kiabi, se sumaron un mes máis tarde La Nave de Pórtico, Merkal ou Worten e posteriormente PC City, Lidl e McDonalds. A última incorporación é a da firma viguesa, Mandarina Home que se sumou o pasado mes de marzo. O caso desta ultima tenda e reseñable, tras o inicio do seu proxecto en Vigo xa abriron catro tendas mais en Galicia.

Os actos de celebración consistiron no descubrimento dunha praca conmemorativa e nunha visita as tendas e locais dos distintos operadores do parque. O alcalde quixo agradecer os promotores do parque comercial asua iniciativa, "Vigo e os vigueses son emprendedores e este parque é unha mostra, gracias a esta inicitiva xeneraronse un numero moi importante de postos de traballo de xente nova". Agradeceu tamen a labor de todos os traballadores, factor moi importante para que o proxecto sexa un exito sen precedentes.

No turno de palabras, o xerente de Decathlon e un representante de Kiabi, agradeceron a todo o publico que xa pasou polas suas tendas e quixeron reseñar a importancia do equipo humano que traballa nas tendas..

O alcalde lembrou que "hai tan so dous anos e medio isto era un solar valeiro e hoxe e un centro comercial exitoso" "hai que recoñecer o traballo de todos que demostra que cando as cousas se fan ben saen ben, o pulso da cidade permanece activo".
Descargar todas as imaxes