Escoitar

Abel Caballero estudará incorporar á Orquestra Clásica de Vigo á programación oficial municipal

O alcalde e a dirección da Orquestra Clásica de Vigo reuníronse este luns por mor da celebración dos 25 anos de existencia da formación musical e acordaron coordinar os festexos. Ademais, Abel Caballero indicou que a Orquestra ten previsto interpretar a novena sinfonía de Beethoven dentro dos actos festivos.

luns, 15 xuñ 2009
1245069579orquesta.JPG
O alcalde, Abel Caballero, entrevistouse este luns coa dirección da Orquestra Clásica de Vigo e avanzoulles que estudará incorporar á formación musical á promación oficial cultural do Concello de Vigo.

Abel Caballero reuniuse coa máxima representación da Orquestra por mor do vixésimo quinto aniversario da formación, polo que acordaron coordinar actividades de celebración da efeméride. O alcalde sinalou que a Orquestra ten previsto intepretar e escenificar a novena sinfonía de Beethoven.
Descargar todas as imaxes