mércores, 17 xuñ 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinaron este mércores tres convenios de colaboración cos responsables da Asociación Afán, o Comedor da Esperanza e os Hermanos Misioneros por un importe total de 120.000 euros. Segundo explicou o tenente de alcalde, estes convenios teñen o obxectivo de axudar a estas entidades na atención aos máis desfavorecidos e paliar os efectos da crise. Santi Domínguez adiantou que o vindeiro ano se reforzarán os orzamentos de Benestar Social.
mércores, 17 xuñ 2009
O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vide, Xabier Alonso, anunciou hoxe que a inscrición de 193 equipos na IX Vigo Cup (29 de xuño ao 5 de xullo) converte a proba na segunda de máis participación da historia do campionato, que comezou no 2001. A inscrición é só dun equipo menos que na mellor edición, a de 2004, o que significa, según o nacionalista, "que en VIDE a xerente está facendo as cousas ben e que este non é un trofeo máis de verán senón un referente".
mércores, 17 xuñ 2009
Abel Caballero recibiu este mércores na Alcaldía a unha quincena de estudantes procedentes de distintos puntos de Estados Unidos, principalmente de Boston. Os devanditos escolares chegaron a Vigo onte martes e permanecerán na mesma durante catro días para aprender español e coñecer a cidade.