O pleno da Corporación pide á Xunta diálogo e mediación no conflicto do metal
A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno extraordinario no que se aprobou unha declaración institucional sobre a negociación do convenio do sector do metal. Na declaración, aprobada cos votos do PSdG-PSOE e BNG, faise unha chamada ás partes implicadas á negociación e ao diálogo, como única vía posible para solventar as demandas plantexadas. Tamén se exise da Xunta de Galicia que exerza as súas competencias cunha mediación activa e constante, salvando os obstáculos e facilitando propostas razoables para ambas partes que poñan fin ao conflicto laboral.
Texto da declaración
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE VIGO
D. Carlos López Font, en nome propio e en representación do grupo municipal do PSdeG-PSOE, e dna. María Méndez, en representación do grupo municipal do BNG, presentan para o seu debate no Pleno e aprobación se procede da seguinte:
DECLARACIÓN DO GOBERNO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O sector do metal de Vigo representa para a cidade un dos seus principais alicerces industriais e económicos, medible e constatable tanto no seu peso específico no Produto Interior Bruto como nos miles de empregos xerados que dan sustento a unha parte moi relevante das viguesas e dos vigueses.
Asimesmo, o metal vigués é imprescindible no crecemento e desenvolvemento da economía de Galicia, xa que signifícase como o auténtico motor da práctica totalidade dos sectores produtivos que dan pulo á economía galega.
O impacto económico en Vigo e en Galicia do sector industrial do metal localizado na cidade fai indispensable que o esforzo que veñen realizando durante décadas os traballadores e os empresarios do ramo para acadar acordos impere novamente na negociación dun novo convenio colectivo máis xusto e acorde á realidade actual.
Grazas aos traballadores e aos empresarios do metal da cidade, Vigo -e por ende Galicia- ostenta o liderado en España, por exemplo, no sector naval e na automoción; e a mellor industria de España precisa tamén dunhas condicións laborais exemplares no Estado.
Non poden ser os traballadores os que paguen unha crise internacional que non crearon, e agora máis que nunca debe protexerse, respectarse e mellorarse ao noso capital humano, principal baluarte do presente e futuro do noso país. Vigo non pode permitirse que un conflicto laboral faga perder a nosa competitividade industrial nun sector no que somos líderes.
Por iso esiximos da Xunta de Galicia que tome dunha vez por todas unha posición activa no conflito, que asuma as súas competencias e que na mesa de negociación estableza os mecanismos necesarios para que a patronal e os traballadores acaden un acordo, e non lles permita erguerse da mesma ata ter acadado un novo convenio colectivo satisfactorio para as partes.
A Xunta de Galicia ten a competencia única e exclusiva de sentar aos negociadores, asumir as propostas, formular alternativas ás mesmas e propor solucións que acheguen posturas; polo tanto debe exercer activamente e abandonar definitivamente a medicación formal que ven realizando estas semanas.
Por todo o dito, os grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG solicitan ao Pleno da Corporación a aprobación dos seguintes
ACORDOS
1. Os grupos políticos da Corporación fan unha chamada ás partes á negociación e ao diálogo, como única vía posible para solventar as demandas plantexadas.
2. Esixir da Xunta de Galicia que exerza as súas competencias cunha mediación activa e constante, salvando os obstáculos e facilitando propostas razoables para ambas partes que poñan fin ao conflicto laboral.