Escoitar

O tenente de alcalde anuncia o reforzo das subvencións a entidades, que superan os 2 millóns de euros

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns que por segundo ano consecutivo "reforzamos as axudas e subvencións que teñen que ver con persoas e colectivos" das áreas de Cultura, Benestar Social, Deportes, Patrimonio Histórico, Xuventude, Igualde e Normalización Ligüística, e que se xestionan de forma centralizada dende Tenencia de Alcaldía.

luns, 15 xuñ 2009
1245069031programasubvencions09.jpg
Na presentación das axudas e subvencións, nas que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o nacionalista subliñou que a convocatoria supera os 2 millóns de euros, incluíndo as diferentes axudas que es conceden desde os servizos sociais, co obxectivo de "paliar os efectos da crise nos colectivos que desenvolven un traballo social".

Santi Domínguez explicou que, do mesmo xeito que se fixo o ano pasado, as axudas se publican ao mesto tempo "para facilitar aos colectivos que se poidan achegar con facilidade a elas que ninguén quede fóra". Ademais, destacou que como na convocatoria pasada se porá a disposición das persoas interesadas unha oficina, que terá un horario de atención ao público de 10 a 14 horas de luns a venres. Pero tamén os usuarios e usuarias poderán realizar as consultas telefonicamente no número 986 810 235.

"Incrementamos as axudas en máis de 100.000 euros respecto ao ano pasado, porque cremos que dende o Concello debemos respostar ás necesidades dos colectivos e das persoas", destacou Santi Domínguez. Neste sentido expresou a súa vontade de dende Tenencia de Alcadía de "seguir traballando nesta liña para que os colectivos que fan unha labor importante non sintan os efectos da crise e podan seguir desenvolvendo o seu traballo".

O tenente de alcalde, por outra banda, salientou que Benestar Social é a concellería que máis cartos dispón, xa que as subvencións que hoxe se presentan, se suman as diferentes axudas que conede o departamento. Ao respecto, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, indicou que se ben na convocatoria presentada hoxe se contemplan 150.000 euros de axudas para as distintas asociacións, salientou que a Concellería xa destinou 460.000 para as axudas de libros e comedor, nas que se detectou un incremento da demanda do 30%. Benestar Social tamén investiu 170.000 euros nas axudas de emerxencia social, que segundo a edil do BNG "probablemente será necesario incrementar, porque hai moita demanda". A estas cantidades hai que sumar asemade 72.000 euros para o bono-taxi, 70.000 euros para o programa de xantar na casa, 56.000 euros para o arranxo de vivendas de maiores, e 40.000 euros ás axudas médico-farmacéuticas.

Respecto ao resto de concellerías, o tenente de alcalde sinalou que Animación Sociocultural conta con 110.000 euros para as subvencións; Deportes conta con 200.000 euros para financiar os gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos e con 578.500 euros para gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas; Igualdade dispón de 80.000 euros para atender as demandas e necesidades das mulleres; Normalización Lingüística destinará 6.000 euros para as asociacións que desenvolvan tarefas de promoción da lingua; Patrimonio Histórico contará destinará 135.000 euros para completar as axudas que concede o Consorcio do Casco Vello respecto aos gastos de mellora de rehabilitación de fachadas, cubertas tanto no centro histórico de Bouzas como do Casco Vello. Finalmente, Xuventude contará con 24.000 euros para fomentar as actividades xuvenís.

"Hai un importante esforzo para posibilitar que as subvencións sigan contribuíndo ás persoas e colectivos que traballan na nosa cidade", subliñou Santi Domínguez, quen asegurou que "seguiremos incrementando estas cantidades porque as necesidades das persoas son o primeiro para nós".
Descargar todas as imaxes