venres, 19 xuñ 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este venres un avance da programación que terá Vigo con motivo das festas de verán. Leonard Cohen, Carlos Baute, Marta Sánchez, Keane, Los Secretos, La Oreja de Van Gogh, Ainhoa Arteta, Fuxan os Ventos e Melendi son os artistas que xa teñen confirmada a súa presenza en Vigo, e que se repartirán en dous escenarios clásicos na cidade, como son o auditorio de Castrelos e o peirao de Trasatlánticos.<br />
venres, 19 xuñ 2009
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou este venres que por primeira vez a cidadanía viguesa terá a oportunidade de coñecer as características da muralla da cidade mediante a elaboración dun documental e a súa recreación virtual. O edil, na visita que hoxe realizou aos restos da muralla que se atopan no Paseo de Alfonso sinalou que neste momento se están analizando os seus parámetros para coñecer a súas dimensións.
venres, 19 xuñ 2009
A AGEMM (Asociación Galega de Escolas Municipais de Música) e a Concellería de Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Música de Vigo organizarán o II encontro galego de escolas municipais de música en Vigo o 21 de xuño de 2009 (día Internacional da música. O encontro, no que participarán 5000 músicos, consistirá na mostra musical e a convivencia do alumnado escolas municipais de música de Galicia.
venres, 19 xuñ 2009
O sábado 20 de xuño continúa Imaxina na Rúa, o programa de actividades previo á 5ª edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Os protagonistas de Imaxina na Rúa serán nesta ocasión os mozos e mozas da Escola Municipal de Música da Coruña. A ensemble dirixida por Jose A. Acuña pódese ofrecerá un repertorio no que se mesturan temas orixinais con estándards.
venres, 19 xuñ 2009
"Hoxe aquí, ao carón do océano Atlántico, o Deus Neptuno permitiunos recibir a unha encantadora criatura chegada do mar, que é o referente simbólico da nosa cidade". Con estas verbas presentou esta mañá o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Vigo, Santi Domínguez, a Oli, mascota do Campionato de Mundo de hóckey a patíns.
venres, 19 xuñ 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso animou aos vigueses e viguesas a participar na XXVI edición da Carreira Nocturna de San Xoán, que se celebrará o vindeiro 23 de xuño a partir das 21.15 horas dende a praza do Rei. Na presentación da proba, na que tamén participou o delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, Xabier Alonso destacou que se repartirán un total de 1.200 euros en premios.
venres, 19 xuñ 2009
Na edición sorteo "Inter rail 2009", celebrado hoxe no Punto Xove da Concellería de Xuventude, participaron máis de 600 mozos e mozas, e a afortunada resultou Tamara Prieto Rodríguez. Esta concursante, xunto cun acompañante, terá a oportunidade de viaxar por Europa en tren durante 10 días e elexir os países a visitar.
Cáceres será o escenario, o vindeiro martes, da creación da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas que impulsa o Eixo Atlántico
venres, 19 xuñ 2009
A fronteira hispano portuguesa, coñecida popularmente como "a raia", terá unha soa voz diante das autoridades de España e Portugal coa creación, o vindeiro martes, 23 de xuño, da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas que se constitúe en Cáceres coa participación das dezaseis entidades transfronteirizas existentes a ambos lados da fronteira. Delas, cinco están situadas en Galicia e o Norte de Portugal.