Oli, o cabaliño de mar, percorrerá a cidade como mascota do Mundial de Hóckey a Patíns
"Hoxe aquí, ao carón do océano Atlántico, o Deus Neptuno permitiunos recibir a unha encantadora criatura chegada do mar, que é o referente simbólico da nosa cidade". Con estas verbas presentou esta mañá o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Vigo, Santi Domínguez, a Oli, mascota do Campionato de Mundo de hóckey a patíns.
Trátase dun cabaliño de mar que se move sobre patíns e que percorrerá a cidade nos vindeiros días para promocionar o campionato e achegar o deporte do hóckey aos vigueses e ás viguesas. Deste xeito, o primeiro cometido de Oli será recibir á selección española, que chega a Peinador o domingo. A elección desta mascota explícase pola forte relación de Vigo co mar, tal e como afirmou Santi Domínguez na presentación realizada na zona vella da cidade. "Vigo é unha cidade de mar, de ría, unha cidade de lendas que conta cunha gran pegada mitolóxica e unha gran historia", indicou. Así, esta criatura está engalanada coas cores representativas da natureza viguesa: "o verde da nosa vexetación, o azul da nosa bela e enigmática ría e o vermello, emblema do espírito de competición que tanto define á cidade olívica", sinalou o tenente de alcade.
O Campionato do Mundo de Hóckey a Patíns desenvolverase desde o 4 deica o 11 de xullo e supón, sen dúbida, o acontecemento deportivo e de promoción da cidade máis importante do ano, segundo explicaron tanto o tenente de alcalde como o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Este evento, ademais, deixará na nosa cidade un importante retorno económico, xa que entre as distintas seleccións, organizadores, árbitros e demais, xunto cos 300 nenos que participarán no torneo paralelo de base, "estamos falando de que máis de 1.500 persoas van estar vivindo na nosa cidade, gozando da nosa cidade e o máis importante, deixando ese retorno económico para a nosa cidade", asegurou Santi Domínguez.
Durante a súa intervención o tenente de alcalde recordou que este importante acontecemento deportivo precede aos grandes eventos que terán lugar en Vigo en 2010, en referencia o Foro Mundial da FISU, que reunirá a máis de 60 países, así como o Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo.
Presenza nas rúas
Un dos retos deste campionato é conseguir que a cidade de Vigo sexa partícipe e goce deste deporte que é puro espectáculo. Con este obxectivo están programados unha serie de actos promocionais nos que non faltará Oli, a mascota do mundial. "Queremos que o mundial teña unha relación coa base e que sirva tamén para a promoción do deporte do hóckey", indicou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Neste senso, explicou que a selección española de hóckey, que chega o domingo a Vigo, visitará o vindeiro luns o colexio Fleming e "a partir de aí un autobús de dúas plantas recorrerá todos os currunchos da cidade para repartir o programa e invitacións aos vigueses e viguesas".
As localidades para asistir ao Campionato do Mundo de hóckey sobre patíns poden adquirirse a través da páxina oficial do mundial, www.mundialvigo2009.com, en www.servinova.com, no 902 504 500 ou na Central de espectáculos, en Velázquez Moreno, 26. Ata o 30 de xuño as entradas teñen importantes descontos.
Descargar todas as imaxes