Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Tranportes

Bando<br /> Normas para as fogueiras da Noite de San Xoán

<br />

venres, 19 xuñ 2009
1º) As persoas físicas ou xurídicas que teñan previsto realizar unha fogueira a noite de San Xoán deberán contar coa preceptiva licenza municipal.

2º) A fogueira deberá estar finalizada con dous días de antelación á súa queima para poder levar a cabo a súa revisión por parte do servizo de bombeiros.

3º) O volume do material combustible da fogueira non superará os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.

4º) A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non se atopen almacenados produtos inflamables nin zona forestal ao redor.

5º) Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros. Tamén prohíbese facer fogueiras nas praias, para evitar calquera tipo de dano ou prexuízo no medio ambiente.

6º) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e a pintura cunha capa de area de 10 cm en toda a superficie da fogueira.

7º) Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.


En todos os casos os/as autorizados serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.


Vigo, 18 de xuño de 2009,

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez