xoves, 18 xuño 2009

Xulio Calviño presentou a sinalización da protección do entorno de Loriga contra o botellón, xa en vigor

O concelleiro presentou hoxe xoves a nova sinalización vertical, sete paneis que delimitan a zona protexida do entorno de Loriga e co que o Concello pretende conciliar o descanso e o ocio cidadá na zona. Na fin de semana, axentes da Policía informarán á cidadanía -e sancionarían se reinciden- da nova norma e controlarán o cumprimento dos horarios de peche dos locais nocturnos.<br />

Benestar Social oferta ata 210 prazas no primeiro programa de campamentos de verán para persoas con discapacidade

xoves, 18 xuñ 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este xoves que o primeiro programa de campamentos de verán para persoas con discapacidade que organiza o Concello de Vigo oferta ata un máximo de 210 prazas. A edil explicou que esta iniciativa, denominada "Verán de lecer" e dirixida a persoas con discapacidade empodroadas no Concello de Vigo de máis de 6 anos, se desenvolverá no mes de xullo no Colexio Saladino Cortizo e nos mes de agosto nas instalacións de APAMP.

O alcalde pasa a formar parte do Padroado da Fundación Estatal do Fomento da Cultura e as Ciencias do Mar

xoves, 18 xuñ 2009

Abel Caballero viaxou este xoves a Madrid onde reuniuse co presidente do Padroado da FOMAR -a Fundación Iberoamericana para o Fomento da Cultura e as Ciencias do Mar-, José Ortiz Sánchez, despois de que o seu Secretario Xeral mantivera un encontro en Vigo co alcalde a mediados de febreiro para cambiar impresións sobre os galeóns da batalla de Rande.<br />

Tradición e misterio uniranse na noite de San Xoán na primeira iniciativa da rede museística de Vigo

xoves, 18 xuñ 2009

O museo Quiñones de León, o Verbum, o Museo do Mar, o Marco e o Museo Liste acollerán o vindeiro 23 de xuño, noite de San Xoán, a primeira actividade conxunta da rede museística de Vigo, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez. O concelleiro explicou que se trata dunha "iniciativa novidosa nesta cidade que significa o inicio dun novo xeito de entender a actividade museística na cidade", coordinada e posta en marcha polas concellerías de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística.

O sorteo do premio "Inter rail 2009", convocado por Xuventude, celebrarase mañá ás 12 horas no Punto Xove

xoves, 18 xuñ 2009

O Punto Xove da Concellería de Xuventude, ubicado na rúa López de Neira, acollerá mañá 19 de xuño, ás 12 horas, o sorteo do "Inter rail 2009". Nesta cuarta edición do premio sortearase un dobre inter rail na modalidade Global Pass, de xeito que dúas persoas poderán viaxar en tren gratuitamente durante 10 días, por máis de 30 países dentro dun periodo de 22 días.<br />