Escoitar

O alcalde asegura que, rematada a parte máis complexa, a construción do Auditorio será "máis visible e máis rápida"

Abel Caballero visitou hoxe mércores as obras do Auditorio Pazo de Congresos, que están a "cubrir datas" o que permitirá a inauguración o 1 de xaneiro de 2011, "segundo o previsto". O arquitecto, César Portela, e representantes da constructora e de Caixanova acompañaron ao alcalde, e aseguraron que, unha vez rematada a nova terminal do Prat, o Auditorio de Vigo é a obra máis importante de España.

mércores, 17 xuñ 2009
1245251569foto.jpg
O alcalde, Abel Caballero, asegurou este mércores no transcurso dunha visita ás obras do Auditorio que a parte técnicamente máis complexa da construción do Pazo de Congresos está rematada, co que o traballo comezará a ser "máis visible e máis rápida" a partir de agora.

O rexedor acudiu a Beiramar acompañado por representantes da UTE Pazo de Congresos e do diretor xeral de Caixanova, José Luis Pego, xunto co arquitecto da obra, César Portela. Constataron na visita a "boa marcha das obras" que están a "cubrir datas segundo o previsto", afirmou Abel Caballero, co que a dia previsto para a inauguración mantense no 1 de xaneiro de 2011.

O alcalde sinalou ao remate da visita, e a modo de anécdota, que César Portela comentara que a construcción do Auditorio Pazo de Congresos de Vigo é "o edificio en execución máis importante de España", unha vez rematada a nova terminal do aeroporto do Prat, en Barcelona.

Abel Caballero subliñou que o novo deseño da infraestrutura é "o que precisaba a cidade" e indicou que "a reflexión permitiu a mellora" do Auditorio, en especial referiuse á rúa peonil entre o Pazo de Congresos e a escola náutico pesqueira. Por outra banda, o alcalde agradeceu aos construtores o seu traballo e disposición para cumprir cos prazos previstos.

Auditorio
O Pazo de Congresos, con 44.400 metros cadrados de superficie, contará con diversas zonas de usos público, as máis destacadas serán un auditorio con capacidade para 1.500 persoas, una sala modular para 500 persoas e un vestíbulo configurado como o gran espazo público do edificio aberto á ría e á cidade.

Xunto cos ámbitos públicos, a estrutura presentará outros usos comerciais, como cafeterías e restaurantes, oficinas e un hotel, ademais de contar cun aparcamento baixo a parcela.
1245251569foto.jpg
1245241870auditorio.jpg