Escoitar

O alcalde anuncia o reforzo da vixiancia policial na Doblada

A Doblada rexistrou nas últimas datas tres roubos e unha tentativa en garaxes e dous atracos a locais comerciais, o que xerou "inquedanza" na zona, informou Abel Caballero. Aínda que Vigo non rexistrou en xaneiro de 2009 un incremento da delicuencia con respecto ao pasado ano, o rexedor explicou que "desde xa" se intensificará a vixilancia e se analizará o porqué do repunte. <br />

mércores, 18 feb 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que "desde xa" se reforzará a vixilancia policial en A Doblada, ante o repunte de delincuencia rexistrado na zona nos últimos días, e se analizarán as causas do mesmo.

O rexedor indicou que se adoptou esta decisión a raíz de que nas últimas datas se xerara en A Doblada un clima de "inquedanza" cidadá dado que se contabilizaron tres roubos e unha tentativa en garaxes do barrio e dous atracos en locais comerciais. A pesar desta situación, Vigo non rexistrou un incremento da delicuencia o pasado mes de xaneiro en comparación co pasado ano, subliñou Abel Caballero.

O alcalde afirmou asemade que contactará coa Subdelegación do Goberno en Pontevedra para solicitarlles que tamén reforcen a seguridade na zona, aínda que na reunións de coordinación mensuais entre as Policías Local e Nacional xa se analizou esta cuestión.

Parada de taxis en Progreso
Abel Caballero anunciou hoxe mércores que desde o próximo venres estará operativa unha nova parada de taxis fronte ao Mercado do Progreso. Se satisfai así unha demanda solicitada polo colectivo durante catro anos, que lle transmitiron o pasado luns ao alcalde. A parada contará inicialmente con espazo para catro vehículos.

Os comerciantes do Mercado tamén solicitaron ao rexedor a instalación dunha parada de autocares urbanos, aínda que polo tamaño dos vehículos e a anchura da rúa non é técnicamente posible, segundo comentou o alcalde. O estudo de mobilidade encargado polo Concello estudará a posibilidade de utilizar "microbuses" neste tipo de situacións, explicou.

Reunión con Ianni
Na noite deste mércores, o director da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, exporá ao alcalde os detalles do seu proxecto industrial co que a empresa concurrirá ao Plan de Automoción do Ministerio de Industria.

O alcalde salientou que o Concello volcará os seus esforzos para que non sexa preciso "nin un só Expediente de Regulación de Emprego" na planta viguesa de Citroën.