Escoitar

Presentación do novo número da revista FESTA DA PALABRA SILENCIADA, titulada "O verbo patriarcal"

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Feministas Independentes Galegas ( FIGA ) convocan á presentación do nº 24 de FESTA DA PALABRA SILENCIADA, titulada O VERBO PATRIARCAL, que terá lugar o xoves, 19 de febreiro no Salón de Actos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, rúa García Barbón, 5.

martes, 17 feb 2009
1234878548festa1.jpg
No acto participarán as colaboradoras Olga Castro, Victoria Lojo, a directora da revista María Xosé Queizán, así como Laura López, Concelleira de Educación e Iolanda Veloso, Concelleira de Igualdade. Ao remate servirase un cóctel.
Descargar todas as imaxes