Escoitar
A alcaldesa deu hoxe a saída dende a praza do Rei aos escolares que participan no Correlingua 2004

Corina Porro aposta pola normalización definitiva do uso do galego

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, abogou hoxe pola normalización definitiva da lingua galega. Corina Porro, quen deu hoxe na praza do Rei a saída aos 2.500 escolares vigueses que participan na marcha pola lingua Correlingua 2004, manifestou que "o simbolismo desta carreira en defensa do idioma galego agocha unha clara necesidade: a normalización definitiva do uso da nosa lingua na escola, no mercado, no traballo, na casa...", e lembrou que "antes ca nos protexeron e defenderon o noso idioma as irmandades da fala, a xeración Nós, Risco, Castelao ou Otero Pedraio".

venres, 7 mai 2004
1083935444correcori.jpg
A rexedora asegurou que os maiores teñen postas nos máis novos moitas esperanzas relativas á posta en valor da lingua galega, así coma na procura dunha sociedade máis xusta, igualitaria e tolerante. Corina Porro apostou pola reivindicación "da nosa identidade cultural como compoñente de cidadanía" e defendeu "o dereito de todos á lingua, á cultura propia e á preservación do patrimonio histórico e etnográfico dos pobos como parte da súa memoria colectiva".
1083935444correcori.jpg
1083935464corre1.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información