A Festa da Cultura contará con 23 actuacións e a participación de máis de 400 persoas na Porta do Sol
A celebración ao redor da música tradicional galega este ano incorpora dúas novidades: a ampliación nun día do calendario de actuacións e o arranque este venres 17 coa representación da primeira foliada.
Abel Caballero presentou este mércores, cos directivos da Agrupación de Centros Culturais de Vigo, Estrella Graña, Marcos Castro, Carlos Pérez e Roberto Giráldez, así como co concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, a décimo sexta edición da Festa da Cultura, que se celebrará do 17 ao 19 de xullo na Porta do Sol.
As tres xornadas de celebración cultural recollen o traballo dos 32 colectivos que forman parte da asociación, con actuacións de baile galego e moderno, canto, grupos de gaitas e regueifas, entre outros.
O venres terá lugar a homenaxe ao presidente do Centro Cultural e Recreativo de Cabral, Eduardo Comesaña, así como á concelleira de Turismo e a unha terceira persoa, cuxa identidade se dará a coñecer durante o acto de recoñecemento aos tres premiados pola súa achega ao fortalecemento da vida cultural de Vigo.
Programa de actuacións dos grupos
Venres 17: De 19:00 horas á 23:30 horas:
- Tarambainas
- Rueiro
- Froles Novas
- Corisco
- Os Ventos de Comesaña
- Valladares
- Sárdoma
- Son das Ferriñas
- Xestas
- Alalá
Sábado 18: De 19:00 horas a 23:00 horas:
- Matamá
- Queixumes
- Pardavila
- Freixo
- Cabral Becerreira
- Traspés
- Monteira
- Banda de Gaitas Coribantes
Domingo 19: De 19:00 horas a 21:00 horas
- Beade
- Andarela
- Bembrive
- O Fiadeiro
- Coruxo