Escoitar

Vigo inicia a construción da nova biblioteca municipal de Teis

O alcalde participou no acto simbólico de colocación da primeira pedra, onde destacou os 86 postos de lectura e o seu deseño para ser referente arquitectónico e cultural no barrio vigués.

mércores, 15 abr 2026

Cun investimento de 1.033.000 euros por parte do Goberno local, Teis terá unha biblioteca municipal pública o próximo ano. O alcalde referiuse á nova dotación como “unha gran obra”.

Con esta acción, Vigo gaña 86 novos postos de lectura en espazos municipais e, na planta baixa, un espazo para todos os servizos necesarios da futura biblioteca. “Unha biblioteca como a que xa temos en Emilio Martínez Garrido, a Neira Vilas”, explicou. No inicio da obra tamén estiveron a tenente de Alcaldía, Carmela Silva, e os concelleiros Javier Pardo, María José Caride e Patricia Rodríguez.

O alcalde detallou que o inmoble terá unha superficie de case 300 metros cadrados e que será adaptado para persoas con mobilidade reducida. Tamén haberá unha zona verde. Caballero destacou tamén o valor arquitectónico do proxecto, cunha fachada “extraordinaria” caracterizada por grandes ventás que permitirán a entrada de luz natural no interior. O edificio incorpora na súa construción criterios de sostibilidade e eficiencia enerxética.

Descargar todas as imaxes