Arranca coas primeiras 23 rúas o plan de asfaltados que permitirá actuar en 372
O rexedor deu conta do inicio da tramitación que permitirá acometer as primeiras 23 actuacións do plan de asfaltados que o goberno local ten en marcha por un importe de máis de 26 millóns de euros. O rexedor lembrou que este programa permitirá rehabilitar 372 rúas.
Caballero lembrou esta mañá que o Concello ten en en marcha un plan de extraordinario de asfaltados e beirarrúas que permitirá actuar en 109 quilómetros distribuídos en 372 rúas cun orzamento que se eleva aos 26.545.300 euros. Como explicou, este programa comeza coa aprobación en Xunta de Goberno da contratación de asfaltados nas 23 primeiras dentro dunha primeira fase. Concretamente, a finais desta primavera arrancarán os traballos nos ámbitos de Cabral, Lavadores, Zamáns, Teis, Valladares, Matamá, San Xoan, Alcabre e no centro da cidade. Actuacións en 5,7 quilómetros cun importe de case un millón de euros.
Na zona Norte, concretou, as obras na zona norte serán as seguintes: Avenida Santa Mariña; rúa Medoña; Camiño Cerquide; Camiño Amaro; Camiño Regueira; Tercera Travesía Numancia; rúa Cambados; Travesía Couto Piñeiro; Baixada Don Martín; Rúa Subride; Rivera Atienza; Bagunda; Camiño Redomeira; Castañal; Primera Travesía Espiñeiro e Primera Travesía Padre Celso. As rúas da zona sur que se asfaltarán son Rúa Manuel Cominges; Avenida de Samil; Camiño Pinal; Avenida Clara Campoamor; Rúa Devesas e Camiño Bouzachán.
A continuación, comezarán paulatinamente os traballos de asfaltado no resto das 349 rúas diseminadas en todas as parroquias da cidade. En Matamá actuarase en 14 rúas; en Beade, en 21; en Lavadores, en 37; en Castrelos, en 17; en Cabral, en 34; en Bembrive, en 11; 82 no centro: 31 en Teis; 28 en Valadares; 5 en Sampaio; 7 en Comesaña; 16 en Coruxo; 4 en Zamáns; 7 en Sárdoma; 11 en Oia; 4 en Navia; 2 en A Salgueira; 12 en Alcabre; 15 en Candeán e 7 en Saiáns.
Praza España
O alcalde avanzou que na Xerencia de Urbanismo do martes que vén darase conta do inicio da tramitación da zona 1 da Praza España, co que xa estaría en marcha o desenvolvemento de todos os ámbitos da zona. Deste xeito, aclarou, quedarían dúas mazás sen novas edificacións. Concretamente, a do edificio da antiga sede do Celta, que se manterá igual e, a seguinte, será a situada entre Manuel Olivié e San Amaro que manterá as edificacións existentes e cederá ao Concello a parcela colindante coa Praza España.
Caballero avanzou que se modificará o trazado da rúa Honduras para construír un anel perimetral da Praza co obxectivo permitir a semipeonalización da zona unha vez implementadas o resto das actuacións previstas.