Escoitar

O Concello reafirma o seu compromiso co feminismo nun 8M co lema “Democracia son dereitos. Feminismo e Civilización"

Abel Caballero participou hoxe na presentación do programa para conmemorar o Día Internacional dá Muller que este ano leva por lema “Democracia son dereitos. Feminismo e civilización”. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, as concelleiras de Igualdade, Educación e Política Social, Ana Laura Iglesias, Olga Alonso e Yolanda Aguiar,, así como as compoñentes do Consello Municipal da Muller.

venres, 27 feb 2026

O alcalde chamou á reivindicación“con máis forza que nunca” do feminismo ante a extensión da mobilización negacionista liderada por formacións políticas de dereita e extrema dereita, “que tentan parar os avances do feminismo e a gran revolución que está en marcha”. “Queremos levantar a nosa voz ante as ofensivas contra os avances en igualdade" afirmou Caballero.

“Seguramente é o 8M máis importante que houbo nunca porque nos atopamos con partidos políticos lanzados en contra da igualdade e do feminismo”, recalcou. A extensa programación prevista polo Concello durante todo o mes de marzo ten por obxectivo seguir potenciando o Día Internacional da Muller unha data que debería celebrarse 365 días ao ano”, defendeu.

A primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, afirmou que a programación do 8M coloca a Vigo como cidade líder no compromiso “firme” en defensa da igualdade. O cartel de Vigo" non ten comparación porque ningunha outra cidade ten unha oferta tan ampla, diversa e potente. Non é froito da improvisación, nin un xesto simbólico puntual, senón o resultado dun traballo constante, planificado e colectivo” en colaboración co Consello Municipal da Muller.

Silva reafirmou o “compromiso inequívoco” do Concello de Vigo co feminismo, a educación en valores e a loita pola igualdade nun escenario en que “non podemos dar por consolidados todos os avances porque existen discursos que cuestionan os dereitos fundamentais das mulleres e intentos de minimizar a violencia machista e estratexias que buscan dividir en lugar de sumar". Fronte a isto, engadiu, desde Vigo proclamamos que "a igualdade fortalece a democracia, amplía dereitos e mellora a convivencia porque o feminismo non é confrontación, é progreso democrático e ampliación de dereitos”.

Programa

O xoves 5 de marzo arranca o programa de actos do 8M coa actuación no Auditorio Municipal do “Gale e Ovidio” a partir das sete da tarde. O domingo 8 de marzo terá lugar a manifestación que sairá ás 12 do mediodía desde a Praza de España. O venres 20 de marzo está prevista  a XIV Gala de entrega do Premio de Igualdade Ernestina Otero no centro social da Fundación

Ao longo do mes de marzo desenvolveranse 14 xornadas en torno ao feminismo cun total de 18 actos que inclúen concertos, espectáculos de danza, proxeccións, recitais, monicreques, teatro e conferencias e formacion.

 

Descargar todas as imaxes