O Goberno municipal converterá o “Muíño do vento” de Ribadavia nun espazo para uso cidadá
O barrio de Ribadavia contará cun espazo de uso cidadá na parcela municipal do “Muíño de vento”. O proxecto ten un orzamento superior aos 350.000 euros e un prazo de execución de 8 meses.
A Xunta de Goberno aprobará mañá o proxecto de reforma do “Muíño do vento” situado nunha parcela municipal na Travesía Barrio Ribadavia, 20. Abel Caballero avanzou a intención de transformar o espazo nun lugar de referencia, abrindo o edificio á cidadanía e adecuándoo para uso público e salón urbano.
Esta intervención contribuirá ao proceso de recuperación e revitalización do contorno da paisaxe urbana do barrio. Converterase en sinal de identidade para o barrio como continuación das actuacións executadas nos últimos anos polo Concello. Entre outras, referiuse, á renovación de viais, á reorganización do aparcamento, ao apoio á iniciativa Arte nas fiestras ou ás accións dentro do programa de medianeiras.
Esta rehabilitación ten un custe de 357.681 euros e un prazo de execución de 8 meses.