Escoitar

Arranca unha nova edición da Liga LINCO de baloncesto

O alcalde presentou esta mañá, xunto a membros do Seis do Nadal, a Liga Interna de Colexios na que participarán 150 rapaces e rapazas.

xoves, 29 xan 2026

“Arranca o venres 30 de xaneiro e desenvólvese ata o último venres do mes de maio”, explicou Abel Caballero, sinalando que se disputan 12 xornadas, coa participación de oito centros educativos e dúas escolas deportivas municipais de baloncesto. As xornadas disputaranse os venres no polideportivo de Navia, de 16:00 a 18:00 horas.

A competición naceu no 2003 e dende o seu inicio acumula máis de 3.500 participantes. Está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, pertencentes ás categoría benxamín e alevín. Os encontros son arbitrados por xogadores de base do club organizador, unha faceta sobre a que o rexedor expresou que lle gustaba moito, xa que así os xogadores “aprenden a controlar os seus impulsos porque teñen que meterse no papel dos árbitros”.

Descargar todas as imaxes