O alcalde manterá contactos con cinco compañías aéreas en FITUR
Durante a xornada do xoves, Abel Caballero manterá reunións coas aeroliñas Vueling, Volotea, Air Nostrum, Binter e Wizz Air. O obxectivo será amosar a oferta cidade en materia turística, como o Nadal, a festa da Reconquista, o verán con grandes concertos e O Marisquiño, así como outros eventos. Tamén Vigo suma “unha cuestión moi importante” como o turismo de rodaxes de contidos audiovisuais no que a cidade está a levar adiante un gran traballo. O alcalde tamén avanzou que durante o desenvolvemento da feira de turismo máis importante do mundo terá entrevistas con dez medios de comunicación.