O goberno local segue a mellorar o casco histórico de Bouzas
O alcalde anunciou que haberá novas humanizacións e renaturalización da zona vella e o paseo marítimo. O importe das obras supera os 400.000 euros.

Abel Caballero anunciou unha mellora paisaxística e urbanística no casco histórico de Bouzas. A Xunta de Goberno vén de aprobar o proxecto para obras de renaturalización e humanización na zona vella. Se trata de diferentes accións enmarcadas no Plan de Sostibilidade Turística dotada cos fondos europeos Next Generation EU do Goberno de España.
O alcalde debullou o proxecto, que inclúe a humanización da rúa Santo Cristo e a praza de Urzáiz con nova pavimentación en granito e mellorando a accesibilidade. Tamén haberá renaturalización na praza de Urzáiz, Diego Santos e a rúa Cayetano Pereira con novo mobiliario urbano e zonas verdes, amais de contar coa creación de novos espazos para a cidadanía. Por outra banda, na fronte litoral Caballero explicou que se plantarán novas árbores.
Este proxecto súmase ás obras de humanización da rúa Pazo e a nova iluminación eficiente así como á posta en valor da Brincadeira e a historia de Bouzas. O conxunto das actuacións supera os 2 millóns de euros.
Piscina de Teis
O alcalde tamén deu conta da licitación da asistencia técnica para a supervisión da obra da nova piscina de Teis por un importe de cuarto millón de euros. Lembrou que a obra xa comezou coa desmontaxe e demolicións interior. “Unha nova piscina para Teis e para Vigo”, concluíu.